Xoves 18 Abril 2024

A USC reúne a expertos de álxebra computacional de 28 países

Arredor de 150 especialistas de 28 países reúnense esta semana na Facultade de Matemáticas na 24th Conference on Applications of Computer Algebra (ACA 2018). Trátase da vixésimo cuarta edición dunha serie de conferencias dedicadas á promoción de todo tipo de aplicacións da álxebra computacional, así como ao fomento da interacción dos desenvolvedores de sistemas e paquetes con investigadores e usuarios, incluíndo científicos, enxeñeiros, educadores e matemáticos.

O ACA 2018 artéllase en sesións especiais, como sistemas dinámicos e mecánica celeste, xeometría dinámica, teoría de códigos e criptografía, e así ata un total de 12 sesións. Os temas inclúen, entre outros, a álxebra computacional nas ciencias, na enxeñería, na comunicación, en medicina, en matemática pura e aplicada, en educación e en informática.

Publicidade

O acto inaugural tivo lugar este martes e contou coa presenza da vicerreitora de titulacións da USC, Victoria Otero Espinar; a decana da Facultade anfitrioa, Elena Vázquez Cendón; Michael Wester, da University of New Mexico (USA), como representante do ACA Working Group; o profesor da USC e coordinador xeral do encontro, Manuel Ladra; e o profesor da Universidade de Vigo e coordinador do programa, Francisco Botana. 

A álxebra computacional 

A álxebra computacional, tamén coñecida como cálculo simbólico, é unha área científica dedicada ao estudo e desenvolvemento de algoritmos e software para a manipulación de expresións matemáticas e outros obxectos matemáticos. A característica que a diferencia da informática científica é que esta se basea normalmente en computación numérica, con números de aproximados en coma flotante, mentres que o cálculo simbólico pon énfase na computación exacta, con expresións que conteñen variables sen un valor dado e que son tratadas como símbolos. As aplicacións de software que realizan cálculos simbólicos chámanse sistemas de álxebra computacional (CAS).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles