A USC, ‘diploma olímpico’ nas Olimpiadas mundiais de Física Teórica

Vista da Facultade de Física da USC. Foto: USC.
Vista da Facultade de Física da USC. Foto: USC.

Co nome de “Gravitones Galaicos“, catro graduados de Física pola USC participaron na Olimpiada internacional de Física Teórica, na que competiron estudantes dos centros máis prestixiosos do mundo, como Cambridge, Oxford, o MIT. Nun prazo de 24 horas, os concursantes debían resolver seis complicados problemas.

O equipo, dirixido polo profesor de Fïsica José Edelstein, foi o único español participante no certame, e superou a proba con nota, obtendo un meritorio oitavo posto, o equivalente a un ‘diploma olímpico’. Quedaron por riba, entre outros, de equipos formados por estudantes do MIT, Oxford, Brown ou Tokio.

Animados por Edelstein, os estudantes, David Peinador, David Vázquez, Martín Enríquez e David Travieso aceptaron o desafío xusto despois de rematar os exames de xaneiro. Agora, os catro continúan a súa formación con estudos de posgrao. Peinador está en Cambridge, Enríquez e Travieso en Munich, e Vázquez continúa na USC. “É algo que non acabas de crer“, sinala Peinador. “Por iso nos presentamos, era unha boa oportunidade para comprobalo e, se cadra, gañar a algún equipo do MIT, algo que finalmente fixemos”.

“A idea de enfrontarnos a problemas complexos de física, fóra dos típicos estándares das materias do grao, é un reto en si mesmo excitante”, engade David Vázquez. “Estamos acostumados a atacar os problemas individualmente esquecendo un pouco que a ciencia é unha cuestión colectiva”, apunta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.