Sábado 20 Abril 2024

Científicos da USC atopan posibles desviacións do Modelo de Física de Partículas

Un equipo de investigación no que participan físicos da USC atopou anomalías “interesantes” que poderían amosar a “evidencia dunha nova física non predita” no Modelo Estándar de Física de Partículas, a teoría maiormente aceptada para describir os fenómenos asociados a partículas elementarias e as súas interaccións.

Neste novo test, no que participa o doutor Martino Borsato, do Departamento de Física de Partículas da USC, tamén están implicados investigadores do CERN  de Suíza. Aínda que recoñecen que os resultados teñen un alcance estatístico limitado, o sinal observado prosegue indicacións similares de estudos previos. Outros dos investigadores do Instituto Galego de Altas Enerxías (IGFAE), Diego Martínez Santos e Veronika Chobanova, traballan na interpretación teórica destes resultados. Os seus estudos poderían establecer se estes indicios son fendas reais do Modelo ou, pola contra, simplemente flutuacións de carácter estatísticos.

Publicidade

Tal é como explica Diego Martínez Santos ao Xornal da USC, é un “resultado longamente esperado pola comunidade de físicos de partículas”. Concretamente trátase dun test sobre a universalidade das taxas de decaemento en leptóns cargados (como o electrón), unha das propiedades fundamentais do Modelo Estándar.

O experimento LHCb do Large Hadron Collider (LHC) do CERN, no que  a USC ten unha contribución destacada, busca atopar as claves para comprender as diferenzas entre materia e antimateria. Este experimento está deseñado para estudar a ruptura da simetría entre materia e antimateria producida no Big Bang, momento no que a materia “venceu” á antimateria, formando os átomos que compoñen galaxias, estrelas, planetas e todo o que existe, sen que a día de hoxe se saiba exactamente porqué. O equipo da USC no LHCb explora, entre outras cousas, as diferenzas existentes entre materia e antimateria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O comportamento humano altérase de xeito notorio en grupos de máis de 180 persoas

Unha nova análise matemática permite comprender como cambiará unha empresa ou unha rexión por medrar de tamaño

A forza dos raios: mortais nun radio de dez metros e inofensivos dentro dun coche

A presenza da gaiola de Faraday provoca que o campo electromagnético dentro dun condutor en equilibrio estático sexa nulo

O exdirector do CERN: “Somos tres partículas en distintas combinacións. Todo é física”

“O desafío actual é comunicar o que se está facendo”, afirma Rolf-Dieter Heuer, director do acelerador de partículas cando o descubrimento do bosón de Higgs

“A ciencia exoplanetaria axuda a comprender o excepcional que é a vida na Terra”

A astrofísica galega Minia Manteiga comparte cartel con Mariano Barbacid nun encontro no CERN de investigadores europeos