.

.

Industria destina 17 millóns de euros para sete novas unidades mixtas de investigación

O DOG publica a convocatoria para a creación destas unidades, que terán en conta as propostas en favor da igualdade de xénero

O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a convocatoria pola que se rexerá a creación de sete novas iniciativas dentro das Unidades Mixtas de Investigación (UMIs). A Axencia Galega de Innovación (GAIN) dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, mobilizará, segundo anunciou este luns, 17 millóns de euros, nun proxecto que “favorecerá a creación de 60 postos de traballo cualificados, contribuíndo a que o talento e a ciencia saian do laboratorio e se instalen na industria”, segundo o ente autonómico.

A esta iniciativa poderán presentarse, en cada unha das propostas, un único organismo de investigación de Galicia e unha única empresa (dúas de xeito excepcional, se pertencen ao mesmo grupo. Valorarase, entre outros criterios, a calidade científico-técnica das propostas, a súa consonancia cos retos contidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS 3), a avaliación dos integrantes ou os impactos tecnolóxicos e socioeconómicos, entre outros. Do mesmo xeito, como novidade, valorarase especialmente o tratamento que a proposta faga pola igualdade de xénero e, en caso de empate, decidirase en favor da que teña implantado un plan de igualdade.

Consolidación de unidades

Así, esta convocatoria de unidades de nova creación únese á de consolidación das xa existentes, abertas no mes de xuño. Con elas espérase chegar a cinco das UMIs creadas ao abeiro das convocatorias dos anos 2014 e 2015, cunha dotación de tres millóns de euros. Esta nova iniciativa mobilizará arredor de 10 millóns e permitirán crear ou manter, segundo a Xunta, 40 postos de traballo.

Con esta convocatoria acádase a quinta edición das UMIs. Neste tempo, apoiáronse 42 proxectos – 33 de nova creación e 9 de consolidación – en sectores como a automoción, a alimentación, o naval, a saúde ou a enerxía. Mobilizáronse en total 121 millóns de euros e creáronse ou mantivéronse, segundo os datos da Xunta, 550 postos de traballo cualificados.

Unha resposta a “Industria destina 17 millóns de euros para sete novas unidades mixtas de investigación”

  1. Seguimos a financiar com o dinheiro público o que deveriam ser iniciativas empresariais privadas… pero para a investigação pública em centros públicos não hai um cão. Isto é PRIVATIZAR O SISTEMA PÚBLICO DE INVESTIGAÇÃO.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.