Martes 19 Marzo 2024

Unha sociedade polarizada agrava a incidencia da Covid-19, segundo un estudo da USC

Investigadores da Facultade de Física desenvolven unha metodoloxía baseada na análise de Twitter para avaliar o estado da opinión pública

Desde o comezo da pandemia da Covid-19, nun contexto dunha sociedade polarizada en moitos países, a crispación sobre as medidas de contención do SARS-CoV-2 xeraron un importante debate na opinión pública. E xa son varios os estudos que neste ano analizaron como a polarización e a confianza nas institucións pode influír no maior ou menor cumprimento das normas de prevención e, deste xeito, na transmisión do coronavirus. Agora, un novo traballo desenvolvido por investigadores da Facultade de Física da USC e publicado na revista Scientific Reports expón unha metodoloxía que permite medir cuantitativamente, a través da análise da rede social Twitter, o estado da opinión pública e o seu grao de adhesión ás políticas gobernamentais no marco da pandemia por mor da Covid-19.

O artigo, asinado por Alejandro Carballosa, Mariamo Mussa‑Juane e Alberto Pérez Muñuzuri, analiza o estado da opinión pública en outubro de 2019 e abril de 2020, concluíndo que se a pandemia se desatase no primeiro período, o número de afectados sería moito maior ao tratarse dun intre de gran polarización da sociedade. “A evolución da pandemia da Covid-19 en todo o mundo demostrou que a estratexia máis común e eficaz para controlala implica a imposición de limitacións de mobilidade á poboación. Un factor determinante no éxito destas políticas é a cooperación da poboación afectada, pero isto é algo dificil de medir”, expoñen os autores do traballo. Para isto propuxeron, por tanto, un método que dea conta da predisposición da sociedade a cooperar con estas restricións.

Publicidade

Os cálculos estiman que o impacto da pandemia en outubro de 2019, coa sociedade máis polarizada, sería máis grave ca en abril de 2020

“Neste artigo analízase o efecto da sociedade e a súa opinión na evolución dunha pandemia en base a modelos matemáticos alimentados con datos empíricos”, explica o profesor Alberto Pérez Muñuzuri. “Empregando técnicas novas somos capaces de facer unha radiografía da nosa sociedade en base a datos empíricos que nos permiten ver o grao de ‘conformismo’ dunha sociedade e a predisposición para seguir as indicacións gobernamentais”, continúa.

A investigación desenvolve o estudo comparado entre a situación que vive España en outubro de 2019, momento altamente crispado politicamente e de gran polarización, tal e como apuntan os investigadores; e marzo de 2020, en plena pandemia. O estudo permite observar a distribución de opinión nos dous escenarios e incorpora modelos epidemiolóxicos. A análise conclúe que o estado de opinión da sociedade e o grao de adhesión as políticas oficiais é determinante na evolución da pandemia e no número de  contaxios.

A análise da situación en outubro de 2019 amosa diferencias substanciais con respecto a abril de 2020. Neste sentido, os investigadores constataron que no período no que estourou a pandemia a sociedade amosábase máis receptiva á hora de aceptar as políticas gobernamentais. Pola contra, en outubro de 2019, a opinión pública defínese por un alto grao de polarización por mor da chamada a unhas segundas eleccións xerais ante a imposibilidade de acadar un clima de consenso por parte das forzas políticas. Os investigadores, en consecuencia, infiren que se a primeira onda da pandemia chegase nun clima de crispación social como o de 2019, a presión sobre o sistema de saúde sería maior e mesmo podería terse acadado unha meirande cota de mortalidade.

“Deste estudo pódense derivar conclusións para a situación actual da enfermidade onde vemos cada vez mais grupos de negacionistas e xente disposta a antepor os seus intereses particulares (festas, reunións familiares, intereses económicos, etc.) antes do ben común e que se traducen directamente nun empeoramento da pandemia”, destaca o físico Alberto Pérez Muñuzuri.

Deste xeito, os científicos evidencian que o estado da opinión pública ten unha incidencia directa na evolución da pandemia. O histograma de opinións traduciuse directamente nunha densidade de probabilidade de persoas que elixen seguir, ou non, as instrucións, modificando a súa potencial exposición ao virus. “O que propoñemos é monitorizar, case en tempo real, o estado de ánimo da sociedade”, afirman os investigadores. A investigación constata que o consenso parcial da rede social, malia non ser perfecto, impacta de xeito substancial na curva de infección, e que ese impacto é cuantitativamente máis forte en abril de 2020.

Neste sentido, varios traballos realizados en distintas rexións, e que recollía recentemente Materia, expuxeron a correlación entre o enfrontamento nunha opinión pública polarizada


Referencia: Incorporating social opinion in the evolution of an epidemic spread (Publicado en Scientific Reports).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que están aumentando os casos de covid en Galicia? Estas son as claves

Un maior movemento da poboación no verán, a caída da inmunidade e a aparición de novas liñaxes de ómicron poden ser os desencadeantes

Nova variante covid? Estes son os motivos polos que están aumentando os casos en España

O cambio de costumes durante o verán e a relaxación das medidas preventivas explicarían o incremento de contaxios

Sonia Villapol: “En Galicia estímase que 75.000 persoas teñen covid persistente”

A neurocientífica galega acaba de publicar un libro no que reflexiona sobre as leccións aprendidas durante a pandemia

Un equipo galego deseña un sistema para detectar o ARN do coronavirus

Tamén presentou avances en novas ferramentas de Intelixencia Artificial (IA) capaces de acelerar o desenvolvemento de fármacos