Xoves 25 Abril 2024

Unha semana de diluvio en Galicia

O río atmosférico e a profunda borrasca que levou o nome de Beatriz aliáronse a semana pasada para deixar a Galicia enchoupada. As precipitacións intensas e constantes que caeron desde o martes 4 ata este domingo 11 dan paso a unha semana marcada pola influencia do anticiclón, que deixará sol e calma, despois duns días de auténtico diluvio. E así o rexistraron as estacións de MeteoGalicia espalladas polo país.

No que vai de mes, unha decena de estacións superaron os 300 litros por metro cadrado. A maioría das precipitacións concentráronse entre os días 4 e 11. Así se pode ver neste gráfico do día do ‘diluvio’.

Publicidade


En lugares como Santiago, as precipitacións da semana pasada superaron as dos catro meses anteriores no seu conxunto, segundo informou a USC a partir dos datos do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que forma parte da rede da Aemet. E iso que Compostela non foi das localidades nas que máis choveu, aínda que caeron 246 litros/m2.

Os días 6 e 9 foron dos máis chuviosos dos últimos anos

E do mesmo xeito, as intensas precipitacións deixaron nalgúns lugares, en apenas un día, volumes de auga que se achegan ao conxunto dos meses anteriores. E en moitos casos, os días 6 e 9 deste mes foron dos máis chuviosos dos últimos anos. Estes foron os rexistros diarios máis altos, todos por riba dos 100 litros por metro cadrado:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un tren de borrascas regará Galicia durante toda a semana

As precipitacións de principios de abril virán acompañadas dun importante ascenso térmico a partir do mércores

A primavera comeza este mércores despois do cuarto inverno máis chuvioso do século XXI

Neste mes será posible observar con prismáticos o cometa 12P/Pons-Brooks, segundo o coordinador de investigación do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo

Unha masa de aire subtropical elevará os termómetros en Galicia ata os 21 graos. Canto vai durar?

A partir do xoves agárdase a entrada de novas borrascas atlánticas que deixarán precipitacións no oeste da comunidade

Unha profunda borrasca atlántica azouta Galicia esta fin de semana con chuvia, vento e neve

O centro de baixas presións situado sobre Irlanda enviará unha fronte fría na madrugada do sábado