Venres 29 Marzo 2024

Firma galega para o novo superordenador do CERN

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, da USC, participa no deseño desta computadora para procesar os datos do Gran Colidor de Hadróns

O Gran Colidor de Hadróns (LHC) do CERN é o maior experimento do mundo. Nos seus 27 quilómetros de lonxitude no subsolo entre Suíza e Francia, os científicos europeos exploran as novas fronteiras da física e teñen feito descubrimentos de sona mundial como o bosón de Higgs. Varios investigadores galegos traballan nesta formidable instalación científica localizada en Xenebra. E agora tamén axudarán a procesar a inxente cantidade de datos que se obteñen nos seus experimentos.

O LHCb aprobou agora un prototipo de superordenador máis potente e eficiente que contou coa participación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto de la Universidad de Santiago de Compostela (USC) e a Xunta de Galicia. Unha vez construido, utilizarase pra procesar o masivo volume de datos que espera volver a tomar o experimento cando retome a súa actividade en 2021.

Publicidade

Prototipo do Allen, no que participou o IGFAE.

O Gran Colidor de Hadróns (LHC) do CERN e todos os seus experimentos están apagados dende finais de 2018 pra introducir unha serie de melloras que entrarán en funcionamento no terceiro periodo, denominado Run 3, a partires de 2021. O LHCb, un dos seus experimentos, espera poñerse en marcha de novo e rexistrar  mais colisións  por segundo, xerando unha enorme cantidade de datos que se ían procesar  cunha grande cantidade de CPUs. Pero varios científicos do LHCb idearon unha alternativa máis eficiente e con maior potencia de cálculo, baseada en tarxetas gráficas (GPU), como as que se usan na industria dos videoxogos.

A proposta, liderada por Daniel Cámpora, de NIKHEF (Amsterdam, Países Baixos), e codirixida por Roel Aiij (NIKHEF) e Dorothea Von Bruch (Sorbonne, París),  contou cunha contribución importante dun equipo do IGFAE, composto por Alexandre Brea, Adrián Casais, Xoan Mayo, Diego Martínez Santos e Christopher Parkinson (actualmente investigador Marie Curie en Lovain , Bélxica). Para demostrar a viabilidade da proposta, construíuse un prototipo, achegado principalmente entre o equipo da USC e o da Universidade da Sorbona.

O éxito das probas feitas no prototipo levou á colaboración LHCb a aprobar finalmente esta alternativa baseada en GPUs, debido á súa maior potencia de cálculo e o moito menor custo. Unha vez construído, este superordenador -bautizado como Allen, en honor a Frances Allen, informática pioneira no campo de optimizar compiladores– alcanzará unha potencia de 6 PFLOPS, convertíndose no mais potente do CERN,  e probablemente entrando no top 50 mundial.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A USC contribúe nunha nova técnica para estudar reaccións nucleares en explosións estelares

O investigador Yassid Ayyad desenvolveu parte da análise neste traballo internacional que se publica na revista ‘Physical Review Letters’

Científicos galegos afondarán na conformación do Universo nun experimento con neutrinos

O IGFAE participará no deseño dun detector que interceptará feixes destas partículas para intentar explicar a asimetría entre materia a antimateria

O Shazam das ondas gravitacionais ten acento galego

Un traballo liderado por Juan Calderón "dálle a volta á tortilla" aos complexos cálculos necesarios para obter información destes eventos

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías