Un fármaco contra a disfunción eréctil pode reducir un 69% a incidencia do Alzheimer

Un estudo realizado en Estados Unidos determina que o sildenafilo, tamén empregado para a hipertensión pulmonar, pode axudar a previr esta enfermidade

Detrás do achado deste novo fármaco oral para a covid está un equipo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).
Detrás do achado está un equipo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).

Hai fármacos que se usan para tratar determinadas doenzas, ata que un estudo revela os seus beneficios para reverter outras enfermidades coas que, en apariencia, non teñen nada en común. É o que acontece cunha recente investigación dirixida pola Clínica Cleveland, en Estados Unidos. Acaban de descubrir que o sildenafilo —utilizado para tratar a disfunción eréctil e a hipertensión pulmonar— pode ser un candidato prometedor para axudar a previr o Alzheimer. Segundo os resultados publicados na revista Nature Agingo sildenafilo asóciase a unha redución do 69% da incidencia desta enfermidade.

Máis polo miúdo, o estudo do que se extraen estes resultados foi realizado a gran escala. O director da investigación é o doutor Feixiong Cheng, do Instituto de Medicina Xenómica da Clínica Cleveland, que empregou unha metodoloxía computacional para examinar e validar fármacos xa aprobados pola FDA —a axencia de medicamentos dos Estados Unidos— que puideran ser empregados para o Alzheimer. Así é que se fixo unha análise a gran escala cunha base de datos de máis de 7 millóns de pacientes. Os resultados, por agora prometedores, reflicten a necesidade de seguir realizando ensaios clínicos de seguimento e eficacia do sildenafilo en pacientes coa enfermidade.

Análise de máis de 1.600 fármacos

Utilizando unha gran rede de mapeo xenético, os investigadores integraron datos xenéticos e outros datos biolóxicos para determinar cales dos máis de 1.600 fármacos aprobados pola FDA poderían ser un tratamento eficaz para a enfermidade de Alzheimer. “O sildenafilo, que demostrou mellorar significativamente a cognición e a memoria en modelos preclínicos, presentouse como o mellor candidato a fármaco“, indicou Cheng.

Ademais, descubriron que os usuarios de sildenafilo tiñan un 69% menos de probabilidades de desenvolver a enfermidade de Alzheimer que os non usuarios de sildenafilo tras seis anos de seguimento. En concreto, o sildenafilo reduciu o risco de padecer a enfermidade nun 55% en comparación co losartán, nun 63% coa metformina, nun 65% co diltiazem e nun 64% coa glimepirida. É dicir, en comparación con outros fármacos.

“O sildenafilo presentouse como o mellor candidato a fármaco para combater o Alzheimer”

“En particular, descubrimos que o uso de sildenafilo reducía a probabilidade de padecer Alzheimer en individuos con enfermidade arterial coronaria, hipertensión e diabetes de tipo 2, todas elas comorbilidades significativamente asociadas ao risco de padecer a enfermidade, así como naqueles que non a padecen”, engadiu o Cheng.

Máis ensaios

Para profundar no efecto do sildenafilo sobre a enfermidade de Alzheimer, os investigadores desenvolveron un modelo de células cerebrais derivadas de pacientes con Alzheimer utilizando células nai. Isto ofreceu unha visión biolóxica de como o sildenafilo pode influír nos cambios cerebrais relacionados coa enfermidade.

“Dado que os nosos achados só establecen unha asociación entre o uso de sildenafilo e a redución da incidencia da enfermidade de Alzheimer, agora estamos a planificar un ensaio mecanístico e un ensaio clínico aleatorio de fase II para comprobar a causalidade e confirmar os beneficios clínicos do sildenafilo para os pacientes de Alzheimer”, dixo Cheng. “Tamén prevemos que o noso enfoque se aplique a outras enfermidades neurodexenerativas, como a enfermidade de Párkinson e a esclerose lateral amiotrófica, para acelerar o proceso de descubrimento de fármacos”.


Referencia: Endophenotype-based in silico network medicine discovery combined with insurance record data mining identifies sildenafil as a candidate drug for Alzheimer’s disease. (Publicado en Nature Aging)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.