Luis Caramés, acompañado do presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel A. Ríos, e autoridades convidadas.
Luis Caramés, acompañado do presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel A. Ríos, e autoridades convidadas.

Un economista na Academia Galega de Ciencias

Continúa a renovación da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa incorporación de seis novos académicos en diversas áreas de coñecemento. A última fichaxe foi a de Luis Caramés, catedrático de Facenda Pública e Sistemas Fiscais da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que se integra na Sección de Ciencias Sociais e Económicas
O discurso de ingreso do novo académico da RAGC titulouse “Entre a miopía e a avaricia: un percorrido pola crise financeira”. No texto, fixo repaso do último ‘crash’ financeiro que viviu o mundo, que non foi previsto polos principais economistas, aínda que apareceron voces pouco publicitadas que advertiron dos riscos e do que podía acontecer.
Caramés recibíu a medalla de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o diploma de académico de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos.

Caramés dirixe o Máster en Administración Financeira e Tributaria da USC

Ao acto asistiron, entre outros, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Á. Cadenaso conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Xesús Palmou; o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz-Fierros Viqueira; e o vicerreitor de Organización Académica e PDI da USC, Luis Lima Rodríguez.
Luis Caramés Viéitez (1949, Cerdedo-Pontevedra) é catedrático de Facenda Pública e Sistemas Fiscais na USC desde 1987. Foi o primeiro presidente do Consello Galego de Relacións Laborais e na actualidade preside a Organización de Economistas da Educación (OEE).
Foi decano da Facultade de Económicas e director do Departamento de Economía Aplicada da USC. Na actualidade, dirixe o Máster en Administración Financeira e Tributaria (19ª Edición), organizado pola USC e a Secretaría de Estado de Facenda.
Como profesor visitante, impartiu docencia, entre outras, nas Universidades de Burdeos e Pau, en Francia, e na Business School de Curitiba, en Brasil. Ademais, é director da Cátedra Bolívar da USC para as relacións con América Latina.
O ingreso de Caramés forma parte do proceso de renovación da RAGC

Caramés participou na Comisión para a Reforma do Financiamento Autonómico do Ministerio de Facenda en 2001 e é membro correspondente da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas. Tamén forma parte da Association of Local Public Economics e é avaliador da Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva (ANEP) do Ministerio de Ciencia e Innovación.
No ámbito das publicacións, ademais de colaborar con varios medios de comunicación, é coeditor da Urban Public Economics Review e membro do Consello de Dirección da Revista Europea de Dirección e Economía da Empresa. Entre os seus libros, destacan “La balanza fiscal de Galicia” (2004) e “Economía Pública Local” (2004).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.