Felipe Criado, director do Incipit, e o concelleiro santiagués Jorge Duarte, nunha das sesións do congreso. Foto: CSIC.
Felipe Criado, director do Incipit, e o concelleiro santiagués Jorge Duarte, nunha das sesións do congreso. Foto: CSIC.

Un congreso sobre patrimonio cultural reúne en Compostela a 100 expertos de 17 países

O Consello Superior de Investigacións Científicas, a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), organiza esta semana en Santiago de Compostela o espazo de traballo “NEARCHing Factory, Creating new scenarios for archaeology”, evento que reúne a máis dun centenar de investigadores, técnicos, empresarios e axentes políticos vinculados co patrimonio cultural, procedentes de 17 nacionalidades diferentes na Hospedería de San Martín Pinario.

“O obxectivo é crear un espazo de traballo e un marco de encontro para, entre todos os participantes, repensar a actividade en arqueoloxía (e outras disciplinas vinculadas ao patrimonio cultural), co obxectivo de construír novos escenarios e oportunidades que axuden a soster a actividade arqueolóxica”, explica Felipe Criado, director do Incipit.

O evento enmárcase no proxecto europeo NEARCH, financiado polo programa Culture da Unión Europea, cuxo obxectivo é fortalecer os vínculos entre arqueoloxía e sociedade, abrindo a disciplina á comunidade, implicando a esta na súa práctica e trasladando esta reflexión ao ámbito da investigación e a xestión do patrimonio arqueolóxico.

O Programa Iberoamericano de Ciencia e Tecnoloxía para o Desenvolvemento (CYTED) colabora no evento financiando a participación de representantes iberoamericanos, “para así facilitar o intercambio de puntos de vista e experiencias entre persoas procedentes de contextos xeopolíticos moi diferentes. Rede Emprendia e o Grupo de Xestión do Patrimonio Cultural da Universidade Complutense de Madrid colaboran connosco, e tamén contamos co Consello da Cultura Galega, Árbore Arqueoloxía e o Concello de Santiago de Compostela para fomentar a participación de axentes locais”., sinala Rocío Varela Pousa, do Incipit.

“Nos últimos anos perdéronse miles de postos de traballo en arqueoloxía”, sinalan os organizadores

“Nos últimos anos perdéronse miles de postos de traballo en arqueoloxía e na actualidade a arqueoloxía preventiva está fortemente cuestionada como modelo de actividade. A crise do sector da construción xerou a expulsión do mercado dunha parte importante dos traballadores do sector, e as condicións dos que se manteñen hanse precarizado. A iso únese, ademais, un afastamento entre os expertos e a sociedade. No evento,pretendemos abordar estas e outras problemáticas e deseñar posibles solucións”, explica David Barreiro Martínez (Incipit).

“Non se trata dun encontro académico e o que se pretende é xerar resultados tanxibles para a articulación e implantación de políticas patrimoniais alternativas e sustentables. Os seus obxectivos son tres: repensar o modelo de actividade en arqueoloxía e anticipar modelos innovadores e sustentables; debater o papel da xestión patrimonial no actual contexto político e conectar a mobilización cidadá coas necesidades de xestión do patrimonio”, apuntou Felipe Criado.

O programa do NEARCHing Factory contempla sesións a cargo de expertos en temas de patrimonio cultural (Felipe Criado, Kai Salas, Wilhelm Londoño, Jorge Batista, Miguel Lago, Gerry Wait e Margarita Díaz Andreu, entre outros), grupos de traballo e mesas redondas.

Nos grupos de traballo abordaranse as condicións laborais do exercicio da profesión, a arqueoloxía como práctica produtora de coñecemento, o modo de articular a participación pública e a xestión do patrimonio, a relación entre a construción do patrimonio e a creatividade, o patrimonio como recurso activo para un desenvolvemento sustentable e como recurso para a educación e a cidadanía, e o acceso público ao patrimonio en relación cos medios de comunicación e as redes sociais.

3 COMENTÁRIOS

  1. e também oro pela minha espírito, que, no meu interno, Jesus Cristo obteve para
    mim na cruz e também na sua ressurreição foi-me
    dada, e também porque estou assentada com Fuja desses inimigos gratuitos e também perigosos, lendo toda noite, antes que de se deitar, Salmo 2.
    e também Salvador, venho em tua presença implorar perdão dos pecados praticados pelos meus antepassados e também os
    meus próprios, feitos no tempo da ignorância (citar que praticou)
    crendo que em seguida esta confissão serei perdoado de minhas pecados, como declara a Tua Vocábulo em I João 1:
    9; e que , sou amado (a) do , em tuas mãos a
    minha mansão e minha família com tudo que possuo, consagrando tudo ao Jesus
    Cristo nos lugares celestiais; então, eu declaro que todos os principados e potestades e também todos e cada um dos espíritos malignos são sujeitos a mim no nome do É uma mistura
    de muitas caracteriscas que definem como autenticamente como esse ser,
    por consequência ao mesmo tempo tão multíplice para explicar e também tão
    interessante seu entendimento. Jesus Cristo, que é meu Único
    firma os passos do varão bom e no seu caminho se compraz; se desabar não ficará prostrado, porque http://brm.ac/boatekissespiritualidade556984

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.