Tres millóns de euros reforzan a investigación contra a Covid-19 en Galicia

A Axencia Galega de Innovación financia 15 proxectos de universidades e fundacións sanitarias que abordan a pandemia desde diversas perspectivas

O Diario Oficial de Galicia publicou este xoves a relación de proxectos que a Axencia Galega de Innovación (Gain), entidade da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta, a relación de 15 proxectos que recibirán un total de tres millóns de euros para afondar na loita contra a Covid-19. A liña de axudas ten por obxectivo o ‘rescate’ das iniciativas que se presentaron á convocatoria lanzada polo Instituto de Salud Carlos III (ISCIII), pero que non foron seleccionados a pesar de conseguir unha avaliación positiva por mor do esgotamento do crédito.

Recibirán apoio nove iniciativas de fundacións dedicadas á investigación sanitaria (cinco da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, dúas da Fundación Profesor Novoa Santos, e dúas da Fundación Biomédica Galicia Sur) e seis proxectos das universidades galegas (catro da Universidade de Santiago de Compostela e dous da Universidade da Coruña). As iniciativas afondarán, entre outros aspectos, na procura de probas rápidas de detección, terapias antivirais, ferramentas de predición da pandemia ou estudos farmacolóxicos e xenómicos.

O financiamento da Gain cobre o 100% do orzamento subvencionable durante os vindeiros tres anos, polo que os proxectos deberán estar rematados antes do 30 de setembro de 2022. A Gain expón que esta liña de axudas supón a contratación de 43 investigadores, e súmase a outras iniciativas que a Xunta está realizando no eido da investigación e a innovación para axudar aos organismos de investigación galegos na busca de medidas que apoien a súa actividade e poidan protexer a saúde das persoas e conter a propagación da enfermidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.