Venres 29 Marzo 2024

O Sarmiento de Gamboa celebra en Vigo o seu décimo aniversario

O porto de Vigo acolle este martes a celebración do décimo aniversario da posta en funcionamento do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa. O barco do CSIC, con base no peirao vigués, leva realizado nestes dez anos máis de 60 proxectos de investigación de alto nivel en numerosos puntos do planeta. Os actos de aniversario comezarán ás 13 horas cunha visita ás instalacións do buque, e a continuación haberá un periplo pola ría de Vigo ata as Illas Cíes.

A historia do Sarmiento de Gamboa comezou en 2003, co convenio subscrito entre o Ministerio de Ciencia y Tecnología, o CSIC e a Xunta de Galicia, no que se acordou unha inversión de 22 millóns de euros. A construción comezou en 2005 nos estaleiros Freire de Vigo, o 30 de xaneiro de 2006 realizouse a botadura e en 2007 realizou a súa primeira campaña de investigación.

Publicidade

O buque incorpora as últimas tecnoloxías dos sistemas de navegación, cun avanzado deseño dos equipos de acústica submarina, e ademais está adaptado para xerar os menores niveis posibles de radiación sonora ao medio mariño. É tamén o primeiro barco oceanográfico español con capacidade para operar con vehículos submarinos de altas profundidades.

Neste tempo, o Sarmiento de Gamboa acadou fitos destacables, como o despregamento do laboratorio submarino para alertas de tsunamis no Golfo de Cádiz (Geostar), a instalación do primeiro laboratorio submarino con cables de España (Obsea) na costa catalana, a participación no estudo de impacto do cambio global e a biodiversidade do océano na expedición Malaspina ou a obtención de imaxes corticais da zona de colisión das placas tectónicas de Eurasia e África. Ademais, no 2014 foi elixido polo consorcio Eurofleets para realizar o proxecto ‘estrela’ sobre o estudo tomográfico do volcán Etna. En 2016 realizou campañas de investigación no Mediterráneo, no Atlántico e apoiou a remodelación da base antártica Juan Carlos I.

O acto conmemorativo de hoxe estará presidido pola vicepresidenta de investigación científica e técnica do CSIC, Cristina de la Puente, e contará tamén coa presenza do delegado do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara, do director da Unidad de Tecnología Marina, Jordi Sorriba, o coordinador da UTM Sede Atlántica Luis Ansorena, e os directores e persoal dos centros de investigación do CSIC en Galicia.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo do CSIC logra controlar unha doenza causante da extinción dos anfibios

Os investigadores aplicaron un funxicida agrario sen observar trazas do produto nin efectos significativos na química e bioloxía da auga

Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

Un composto natural reduce o impacto da seca e mellora a produtividade do tomate

Un equipo do CSIC e da UPV descobre como actúa o butanoato de hexenilo, un aroma que emiten estas plantas para resistir ás bacterias

Como usar datos históricos para a conservación de especies: así é a nova metoloxía con pegada galega

A UVigo e o CSIC proban un método en escaravellos coprófagos ibéricos que permite comprender a súa resposta a cambios ambientais