Sábado 20 Abril 2024

Toda a verdade sobre o gol psicolóxico

Do neurotrening á hipnose, a relación do fútbol coa psicoloxía vai moito máis alá do tanto no último minuto ao que os clásicos denominan o gol psicolóxico. A vinculación entre o deporte rei e a rama da ciencia que trata a conduta e os procesos mentais dos individuos é un feito que vai máis aló do golpe moral dunha acción inoportuna, un vínculo estreito do que debaterán un bo número de especialistas no Congreso Internacional sobre Fútbol e Psicoloxía, que organiza a Universidade de Santiago de Compostela, e que se celebrará entre o 20 e o 24 de xullo.
O obxectivo consiste en abrir canles entre a universidade e o contorno do fútbol que faciliten a transferencia de coñecemento en ambas direccións. Segundo explica o responsable deste encontro, o profesor Constantino Arce, este é o primeiro congreso destas características que se realiza a nivel nacional e internacional. Os seus promotores agardan que o programa deseñado achegará unha análise do fútbol dende unha “perspectiva científica, racional e universitaria”.

Exfutbolistas como Cuéllar, Donato e Manjarín contarán as súas experiencias

O congreso ten como argumento principal a psicoloxía, aínda que tamén terán cabida outros asuntos relativos aos últimos avances noutras moitas áreas de coñecemento como a preparación física, a rehabilitación de lexións, política e socioloxía do deporte ou dereito deportivo, entre outras cuestións.
Nas mesas de debate está prevista a presenza, entre outros directivos, do presidente do Deportivo da Coruña, Tino Fernández; da presidenta do Pontevedra CF, Guadalupe Murillo; ou do presidente da Federación Galega, Rafael Louzán. Entre os adestradores e xogadores participarán Ángel Cuéllar (ex futbolista do Real Betis ou do Barcelona), Donato (Atlético de Madrid, Deportivo de La Coruña e selección nacional), Javier Manjarín (Deportivo, Sporting de Xixón e selección), Manuel Mosquera (Deportivo ou Compostela), Juan Cabrejo (Elche, Eibar, Compostela), Óscar Martínez (Deportivo, Pontevedra) e Luis Santiago (seleccionador galego), entre outros

presentación psicoloxía
De esquerda a dereita, Constantivo Arce, José Ramón Lete, Dolores Álvarez, Javier García e Julio Torrado.

O congreso está dirixido a adestradores de fútbol, dirixentes de clubs, deportistas, psicólogos, preparadores e educadores físicos, xuíces deportivos, estudantes, profesores e investigadores, así como todo tipo de profesionais do ámbito futbolístico. O programa desenvolverase en base a relatorios, mesas redondas, pósteres e obradoiros prácticos cos últimos avances en técnicas de adestramento ou psicoloxía aplicada ao fútbol, con especial atención a cuestións relacionadas coa visualización, relaxación, coaching, fomento da deportividade e prevención da violencia, selección de talentos ou desenvolvemento de habilidades psicolóxicas.
A cita presentouse este xoves, día 16, nun encontro cos medios de comunicación no que participaron a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Javier García; e o presidente do Comité Organizador, o profesor Constantino Arce. Ademais, tamén estivo presente o secretario do comité organizador, o profesor Julio Torrado.
Organizado pola Universidade de Santiago de Compostela co apoio institucional da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, na organización deste encontro colaboran a Federación Galega de Fútbol, a Fundación Real Madrid, o Real Club Deportivo da Coruña, a Fundación Celta de Vigo, o Servizo de Deportes da USC, o Club Deportivo Lugo, a Sociedade Deportiva Compostela, a Unión Deportiva Concello de Barbadás, a Federación Española de Psicoloxía do Deporte, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía do Deporte, EPSIDE (Asociación Galega de Especialistas en Psicoloxía do Deporte e a Actividade Física), a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así funciona a mente dun psicópata

Como funciona o cerebro destas persoas? Investigadores da Universidade Internacional da Rioja analizan o seu comportamento

Cal é a mellor opción para facer ‘cardio’ na casa?

Se estás pensando en mercar un aparello para adestrar pola túa conta, aquí tes os pros e contras das principais alternativas

Ansiedade pola crise climática: “Nada parece útil para salvar o planeta do seu inexorable final”

As respostas emocionais ante as ameazas ambientais que poñen en perigo o futuro da Terra son cada vez máis comúns na poboación

“Os meus pensamentos esgótanme”: como escapar do bucle obsesivo das rumiacións

Hai pensamentos negativos e recorrentes que colonizan o noso cerebro. Que mecanismos cerebrais se poñen en marcha? Como podemos paralos?