Venres 19 Abril 2024

GCiencia publicará en galego os contidos de “The Conversation”

O portal, unha referencia internacional de divulgación científica, publica noticias e análises escritas pola comunidade académica e investigadora

GCiencia dá un novo paso para ofrecer aos seus lectores e lectoras contidos de calidade relacionados non só coa actividade científica que se fai en Galicia, senón tamén con investigacións relevantes para a sociedade que se desenvolven en todo o mundo. Neste senso, coa premisa de termos dereito a acceder a estes contidos na lingua propia, o portal ofrecerá semanalmente en galego algúns dos contidos da edición en castelán de The Conversation, prestixioso portal de divulgación científica, no que a comunidade académica e investigadora publica noticias e análises sobre temas de interese xeral para a sociedade.

The Conversation naceu en Australia en 2011, como organización sen ánimo de lucro, co obxectivo de “contribuír a un mellor coñecemento dos grandes asuntos contemporáneos e das cuestións complexas”. Neste senso, a plataforma busca “colaborar na mellora cualitativa da conversación cidadá, porque cremos que o acceso a unha información independente, de calidade, rigurosa e explicativa é a base dunha democracia sa”. O seu traballo foi merecedor dunha nominación para os Premios Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

Publicidade

Na actualidade, The Conversation conta con edicións, ademais de Australia, en Reino Unido, Estados Unidos, África, Francia, Canadá, Indonesia e España, onde botou a andar en xuño de 2018, co obxectivo de informar na súa lingua a máis de 500 millóns de hispanofalantes. En castelán, a plataforma publica diariamente varios artigos de análise sobre temas como ciencia e tecnoloxía, cultura, economía, educación, medicina, saúde, medioambiente, enerxía ou política, e conta cun amplo equipo de redacción e un comité asesor.

Os contidos publicados pola plataforma son de libre lectura e redifusión baixo licenza Creative Commons, seguindo as súas instruccións para republicación. Todos os textos son publicados por académicos e investigadores, e editados en colaboración con xornalistas para facilitar a súa divulgación á sociedade.

En España, a plataforma conta co apoio, ata o momento, de entidades como Fundación Telefónica, CRUE Universidades Españolas, o CSIC,e as universidades de Barcelona, País Vasco, Alcalá, Politécnica de Madrid e de Valencia, Autónoma de Madrid, Oviedo, Valladolid, Comillas, Complutense, Nebrija, IE University, Vic, Carlos III, Camilo José Cela, Lleida, Pública de Navarra, Extremadura, Sevilla e Granada, ademais de la Fundación de Investigación Biosanitaria do Principado de Asturias (FINBA) e o Real Instituto Elcano.

Aquí podes ler os primeiros artigos de The Conversation en galego:

O suicidio: unha realidade descoñecida

Bandadas de estorniños: así se explica un dos máis fermosos espectáculos da natureza

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático