Representantes de Terras Gauda e o CSIC, na presentación do estudo. Imaxe: Terras Gauda.
Representantes de Terras Gauda e o CSIC, na presentación do estudo. Imaxe: Terras Gauda.

Terras Gauda e o CSIC aliánse para producir viños máis saudables

A adega Terras Gauda e o grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia, adscrita ao CSIC, acaban de presentar un proceso pioneiro para potenciar, de xeito natural, as propiedades saudables dos viños. A través dun estudo científico conseguiron elevar a concentración de flavanoles, uns compostos con propiedades antiinflamatorias e antioxidantes en trastornos do metabolismo.

Os investigadores da MBG realizaron unha análise da concentración destes fenoles nas tres variedades blancas que produce Terras Gauda: albariño, loureiro e caíño branco. Nalgúns casos, a través dun proceso natural de cultivo, conseguiuse aumentar ata mil veces o nivel de flavanoles, sen que se viran afectadas as propiedades organolépticas do viño.

De feito, segundo sinala Emilio Rodríguez, director enolóxico da adega, “nalgúns dos paramétros de cata analizados, pódese considerar que se melloran”.

Os traballos enmárcanse dentro do proxecto Biofunciogal, no que participan varias empresas do sector vitícola e outros grupos de investigación, como o departamento de farmacoloxía da USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.