Martes 23 Abril 2024

Unha sonda chinesa atopa unha estraña substancia na Lúa

O vehículo Yutu-2, que chegou en xaneiro ao satélite coa Chang'e 4, analiza de preto unhas rochas brillantes atopadas nun cráter

A carreira espacial chinesa na cara oculta da Lúa non deixa de achegar novos datos. Despois de que a Chang’e 4 se convertera na primeira nave en chegar a esta parte do satélite, o camiño da sonda Yutu-2 acaba de amosar novas e misteriosas imaxes: unha substancia estraña, cualificada como un tipo de “xel” e cunha curiosa cor, detectada por este vehículo lunar.

O programa de exploración lunar de China acaba de publicar unha nova foto deste material. Está tomada pola cámara principal da sonda, e amosa o centro dun cráter cun material cunha cor distinta á dos seus arredores, e contén puntos brillantes.

Publicidade

Segundo as investigacións realizadas, o probable é que se traten dos restos dun impacto na superficie do satélite; un fenómeno que xa atoparan os astronautas dos Estados Unidos durante a misión Apolo XVII, tal e como recolle Space.com. Daquela, en 1972, unha mostraxe da substancia foi recollida por un dos astronautas da NASA, e concluíuse que eran fragmentos de minerais diversos que se consolidaron nun cristal negro e brillante.

Nesta ocasión, o investigador do Goddard Space Flight Center da NASA, Dan Moriarty, analizou e procesou a imaxe: “Creo que a información máis confiable aquí é que a substancia é relativamente escura. Parece ter un material máis brillante incrustado nas rexións máis grandes e escuras, aínda que existe a posiblidade de que a luz brille nunha superficie lisa”.

Nas condicións nas que se atopa o satélite, os impactos de meteoritos a altas velocidades poden presurizar minerais en vidro brillante que, en ocasións, refractan a luz con formas sorprendentes.

Agora mesmo os responsables da Axencia Espacial Chinesa están á espera de que Yutu-2 se reactive despois de dúas semanas de hibernación para seguir estudando este composto. Nas semanas anteriores, Yutu-2 estivo intentando achegarse ata a a zona, xa que se atopaba dentro dun cráter.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

Marcos Martinón, un galego entre guerreiros de terracota: “É incrible, pero non hai dous soldados iguais”

O arqueólogo ourensán investiga dende hai case 20 anos o espectacular mausoleo do primeiro emperador chinés, un xacemento con 2.000 anos de antigüidade

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...