Stanley Prusiner, convidado do programa Conciencia 2018

Stanley Prusiner, Nobel de Medicina en 1997.
Stanley Prusiner, Nobel de Medicina en 1997.

En 1982, o científico estadounidense Stanley Prusiner conseguiu illar no seu laboratorio unha proteína que actuaba como un potente axente infeccioso, e que bautizou co nome de prión. Atopou tamén que as moléculas dos prións estaban pregadas dun xeito diferente que nas proteínas normais, e que estes cambios nos pregamentos podían transmitirse tamén ás proteínas normais e sas.

Aquel achado foi a base para o descubrimento das causas de doenzas neurodexenerativas como a enfermidade de Creutzfeld-Jakob e a encefalopatía esponxiforme bovina, o coñecido ‘mal das vacas tolas’, para as que ata entón non había causa coñecida. En 1997, cando Europa estaba afrontando a crise, que chegou tamén a Galicia, o xurado do Nobel de Medicina decidiu concederlle a Stanley Prusiner o galardón da Academia sueca.

Stanley Prusiner estará este ano en Galicia. O catedrático da USC Jorge Mira, coordinador do Programa Conciencia, anunciou esta mañá que o científico estadounidense será o vindeiro convidado desta iniciativa, que desde hai máis dun decenio trae a Galicia a algunhas das maiores eminencias científicas do planeta. Stephen Hawking, John Nash ou James Watson chegaron a Santiago nos últimos anos da man deste proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.