O mal tempo obriga a suspender o lanzamento da sonda espacial galega

Alumnos do IES Maruxa Mallo lanzan a sonda espacial MarumaSat. Foto: MarumaSat.
Alumnos do IES Maruxa Mallo lanzan a sonda espacial MarumaSat. Foto: MarumaSat.

Este venres estaba previsto o lanzamento desde Ordes da sonda espacial da Nosa, a Axencia Espacial Escolar Galega, que impulsan alumnos, alumnas e mestres de tres institutos do país. Todo estaba listo para que os estudantes do IES Maruxa Mallo de Ordes, o IES Miraflores de Oleiros e o IES Marcos do Camballón de Vila de Cruces, puxeran a voar a cápsula. Non en tanto, o mal tempo obrigou a pospoñer o lanzamento, en vista das previsións meteorolóxicas.

Segundo informa o Concello de Ordes no seu Facebook e confirman desde o propio instituto, as fortes correntes en altura desprazarían a sonda ata 50 quilómetros mar adentro, na costa de Ferrolterra, polo que a recuperación sería moi complicada.

Ante esta situación, desde o IES Maruxa Mallo decidiron pospoñer o lanzamento ata o vindeiro 26 de maio ás 12 horas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.