Venres 19 Abril 2024

Rexistrado un leve sismo no Barbanza

A rede sísmica do Instituto Geográfico Nacional deu conta na noite de onte dun leve sismo de magnitude 2,3 na península do Barbanza. O epicentro tivo lugar no termo municipal de Lousame, preto do monte Iroite, ás 22.35 da noite.

Debido á súa pouca magnitude, non foi percibido pola poboación, ou alomenos, o IGN non recibiu ningún aviso do sismo. O do Barbanza o primeiro movemento tectónico rexistrado en Galicia despois do que tivo lugar o pasado día 17 en Melgaço, na raia con Portugal, e que xerou centos de avisos ao percibirse con claridade en todo o sur de Galicia. Tivo magnitude 3,8 aínda que a súa intensidade (que serve para clasificar un sismo en función dos seus efectos nas persoas, nos edificios e obxectos e na natureza), acadou a escala IV.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:03:22

"As bólas de plástico supoñen un problema para centos de anos"

Un equipo de Gciencia desprázase coa confraría de pescadores ata a praia de Boa, onde realizan unha visita de verificación

Á venda un forno de posible orixe medieval en Noia

Ana Filgueiras, arqueóloga municipal da vila, está a realizar un informe do inmoble para despexar dúbidas e guiar actuacións de futuro
00:01:29

A imaxe desoladora do marisco morto en Noia e Rianxo: a borrasca Domingos arrasa toneladas de bivalvo

As praias de Testal e A Torre protagonizan outro episodio de mortandade nun contexto de caída en picado da produción

Canto cambiou a rúa na que vives nos últimos 60 anos? Compróbao neste mapa

Un mapa do Instituto Xeográfico Nacional permite comparar imaxes aéreas captadas nos anos 50 con ortofotos actuais