Venres 19 Abril 2024

Santiago acolle o encontro internacional da Sociedade de Prebióticos e Probióticos

A Sociedade Española de Probióticos e Prebióticos (SEPyP) comezou este xoves en Santiago de Compostela o seu oitavo congreso de traballo, dedicado ao tema ‘ Probióticos, prebióticos e saúde: evidencia científica’. Como explica a presidenta do comité organizador, a profesora Rosaura Leis, nos últimos anos distintas investigacións evidenciaron as repercusión que a microbiota e o desequilibrio da flora intestinal ten na saúde e a enfermidade xa dende as primeiras etapas da vida, deixando unha pegada metabólica e xogando un importante papel na proliferación e diferenciación do epitelio intestinal, así como no desenvolvemento e modulación do sistema inmunitario.

O reitor da USC, Juan Viaño presidiu a sesión inaugural desta xuntanza nun encontro no que tamén participaron a conselleira do Mar, Rosa Quintana; a concelleira do Concello de Santiago, Concepción Fernández; o decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal Otero; o presidente da SEPyP, Guillermo Álvarez Calatayud; o patrón da Fundación Dieta Atlántica, Rafael Tojo Sierra; e a profesora Rosaura Leis Fidalgo.

Publicidade

Dende o inicio dos estudos do profesor da USC Rafael Tojo sobre o estado nutricional dos nenos e adolescentes de Galicia na década dos 70, “as patoloxías nutricionais teñen mudado dende o déficit de alimentos ao exceso”, ao tempo que “a adherencia á nosa dieta tradicional tamén ten diminuído, o que leva parellas a aparición de novas patoloxías”, explicou o reitor Juan Viaño no acto inaugural. Viaño chamou a atención sobre a importancia dos temas de debate deste encontro, “ estou convencido de que os debates nestas dúas xornadas na USC permitirán arroxar luz neste eido e servirán como punto de encontro de moitas especialidades para o desenvolvemento de traballos comúns en beneficio da alimentación, a nutrición e a saúde”.

A alteración da composición, metabolismo ou distribución da microbiota condiciona o sobrecrecemento de bacterias e fungos patóxenos e a perda da diversidade microbiana ou grupos de bacterias clave, explicou Rosaura Leis en relación á actualidade do encontro. Estas manifestacións tamén poden acompañarse dunha resposta inflamatoria do hóspede que pode cronificarse e, por ende, contribuír ao desenvolvemento de enfermidades que son hoxe a principal causa de morbilidade e mortalidade, enfermidades metabólicas, autoinmunes e neurodexenerativas así como alerxias, infeccións ou determinados tipos de cancro, en particular colorectal.

Este congreso ten carácter multidisciplinar e a vontade de ser foro de discusión e intercomunicación entre os distintos grupos de investigación neste campo, para o que participarán relatores/as nacionais e internacionais de grande experiencia profesional e recoñecemento científico.

Logo do acto inaugural comezou o programa científico coa conferencia de Martin J. Blaser, docente do New York University Langone Medical Center, ao que seguiu unha mesa redonda sobre o papel da microbiota nas enfermidades infeccionsas así como unha sesión sobre usos clínicos. Xa pola tarde, o programa reanuda a súa actividade cunha serie de obradoiros paralelos sobre usos clínicos en persoas adultas así como na idade pediátrica, aspectos veterinarios e nutrición e dietética.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'