Primeiro número da revista
Primeiro número da revista "Marco numérico".

Un instituto de Vila de Cruces lanza unha revista de matemáticas en galego

Marco Numérico é o nome dunha revista de investigación matemática en lingua galega que acaba de publicar o IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces. O proxecto, que terá periodicidade anual, está dirixido ao eido educativo e ofrece a oportunidade “de que o alumnado do segundo ciclo de ESO e, especialmente, de Bacharelato realice e publique os seus propios traballos de investigación”. Segundo sinalan desde o centro, a publicación está suxeita “aos estándares de profundidade, rigor e forma habituais do mundo académico” e está aberta a artigos escritos en galego.

Portada da revista.
Portada da revista.

O instituto cruceño, que tamén participa no proxecto da Nosa, a Axencia Espacial Galega, sinala que a filosofía da revista baséase “no fomento do traballo colaborativo”. Neste senso, explican que as matemáticas ofrecen unha viva mostra de que a colaboración e o feito de compartir coñecementos “definiron e consolidaron o saber actual”, en ramas como a estatística ou o cálculo numérico.

O equipo responsable da revista ten por obxectivo asentar a iniciativa e abrir a publicación á recepción de traballos doutros centros segundo os criterios formais empregados neste primeiro número.

Neste primeiro número de Marco Numérico inclúese un limiar de Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas da USC e profesora de Matemática Aplicada. Inclúense sete artigos do alumnado de 2º de Bacharelato, que son resultado do traballo da materia Métodos Estatísticos e Numéricos.

Os traballos abordan diferentes leis e problemas matemáticos e asuntos da vida cotía, como a Lei de Benford, a análise de frecuencias, o teorema dos infinitos monos, a análise meteorolóxica, un modelo para o cálculo das pensións, a correlación de magnitudes exoplanetarias ou a calibración dun sensor de ozono.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.