Sábado 20 Abril 2024

Reunión no Campus Terra para a mellora dos cultivos de viño branco

O equipo de Fertirrego e Necesidades Hídricas dos Cultivos do grupo de investigación Proxectos e Planificación (Proepla) da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC traballa a  prol da mellora da xestión hídrica e agronómica do cultivo de variedades brancas de vide, en aras a potenciar a súa competencia e tamén a sustentabilidade produtiva, cualitativa e medioambiental, no marco dun programa de investigación de carácter nacional, no que participan entidades e investigadores de Castela León (Itacyl), Estremadura (Intaex), Castela a Mancha (Fundescam), A Rioxa (ICVV-CSIC) , ademais da Misión Biolóxica de Galicia.

A implicación dos investigadores do campus lugués neste proxecto está ligada fundamentalmente ás accións desenvolvidas pola Misión Biolóxica de Galicia, segundo indicou o profesor e investigador do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC Javier J. Cancela, quen apuntou que o traballo realizado polo equipo de investigación do Campus Terra da USC persigue obxectivos transversais e susceptibles de aplicacións prácticas por parte de todos e cada un das entidades representadas no proxecto.

Publicidade

Cancela explicou neste senso que a modelización do balance hídrico de auga no solo para as diferentes variedades de vide contempladas no proxecto (Verdejo, Tempranillo branco, Airén, Macabeo e Albariño), e a determinación dos compostos aromáticos de variedades brancas españolas baixo distintas prácticas de cultivo e condicións edafo-climáticas, son liñas de traballo de marcado carácter transversal.

A posta en común dos resultados acadados tralas primeiras investigacións realizadas ao abeiro deste proxecto e a definición de futuras liñas de traballo centra estes días no Campus Terra da USC a primeira reunión de traballo dos investigadores enrolados neste proxecto nacional, un foro que reúne uns 20 investigadores e que se prolongará ata este xoves na sede universitaria luguesa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura

Os cubículos e corredores reducidos nas granxas de Lugo afectan a produción de leite

A tese de Sonia Verdes Gil conclúe que as superficies incómodas prexudican a saúde e a hixiene das vacas

A USC investiga novos produtos naturais para loitar contra a avespiña do castiñeiro

Un equipo de Lugo traballa no proxecto 'Go Delicias' co obxectivo de identificar e desenvolver as defensas da árbore fronte ao insecto