A Universidade de Santiago organiza as Regueifas de Ciencia.

As Regueifas de Ciencia abren o debate sobre a enerxía nuclear

Por terceiro ano consecutivo Regueifas de Ciencia, a serie de debates en formato Oxford arredor de temas científicos controvertidos, volve celebrarse na Facultade de Ciencias da Comunicación. Será o día 27 cando teña lugar a primeira, ás 20.00 horas, cunha sesión sobre a validez e seguridade da enerxía nuclear.

O equipo favorable á enerxía nuclear contará con físico de neutrinos e profesor no IKERBASQUE Juan José Gómez Cadenas e co catedrático de física atómica e nuclear na USC, Bernardo Adeva Andany. Na posición contraria estarán a profesora de Física da USC e especialista en desenvolvemento Sostible Ángeles Lopez Agüera e o enxeñeiro en Telecomunicacións e experto en Enerxía, sostibilidade e crecemento económico Marcel Coderch.

Os debates, en directo, streaming ou gravados
Os debates poden ser seguidos en directo dende a sala e por streaming, e poden ser vistos despois a través da canle de YouTube. “Tratamos de facilitar que calquera persoa interesada poida acceder a eles. Mesmo poden preguntar aos relatores dende a casa e ser respondidos”, comentan dende o equipo organizador.

Ao longo das dúas edicións anteriores tratáronse temas como a experimentación animal, modificación xenética, industria alimentaria, seguridade e privacidade dixital, ciencia e inmortalidade ou ciencia e fe. Para tratar estes temas, visitaron a sala de debate reputados especialistas como JM Mulet, Antonio Martínez Ron, Paloma Llaneza, Julio Basulto, Marta Peirano, Anna Veiga, Fernando Savater, Lluís Montoliú, Óscar Horta, Jorge Mira, Fernando Sánchez Dragó ou Aubrey De Grey.

Coas Regueifas de Ciencia preténdese expor os argumentos das diferentes posturas arredor dun mesmo tema, traballando así a prol do coñecemento e por unha toma de decisións tanto individuais como colectivas máis informada. Nos últimos tempos rexurdiron con forza na sociedade debates xa tratados en edicións anteriores da iniciativa, como o uso das técnicas CRISPR, os transxénicos ou máis recentemente a posibilidade do cambio horario para España, que se debaterá na Unión Europea. Para os organizadores, visualizar os vídeos dos debates e o material publicado nas Canles do programa podería axudar a facerse cunha opinión sempre baseada en datos científicos.

Regueifiñas
Nesta edición de 2018, ademais de manter o formato e de volver organizar un dos debates con convidados internacionais, Regueifas de Ciencia amplíase coa convocatoria de Regueifiñas, dirixido a centros de ensino secundario, bacharelato e ciclos medios de formación profesional.

Cartel de Regueifas da Ciencia.
Cartel de Regueifas da Ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.