De esquerda a dereita: Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda; Antonio López, reitor da USC; José Antonio Redondo, novo académico; Ramón Villares, presidente en funcións do Consello da Cultura Galega; Miguel Ángel Ríos, presidente da Real Academia Galega de Ciencias; Julián Barrio, arcebispo de Santiago; e Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación. Imaxe: RAGC.
De esquerda a dereita: Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda; Antonio López, reitor da USC; José Antonio Redondo, novo académico; Ramón Villares, presidente en funcións do Consello da Cultura Galega; Miguel Ángel Ríos, presidente da Real Academia Galega de Ciencias; Julián Barrio, arcebispo de Santiago; e Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación. Imaxe: RAGC.

O catedrático de Economía José Antonio Redondo ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

A Real Academia Galega de Ciencias celebra esta tarde no Pazo de San Roque de Compostela o acto de ingreso de José Antonio Redondo, catedrático de Economía Financeira da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, que se integra na Sección de Ciencias Sociais e Económicas da institución.

O discurso de ingreso do novo académico da RAGC titúlase “Teoría financeira e crise: da optimización á heurística” e nel alértase sobre a importancia da regulación financeira para controlar o verdadeiro xerme das crisis económicas: a especulación. Logo de pronuncialo, recibirá a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o diploma seralle entregado conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez.

Redondo é conselleiro maior do Consello de Contas e dirixiu entre 1995 e 2005 o Instituto Galego de Vivenda e Solo

Ao acto desta tarde asisten, entre outros, o reitor da USC, Antonio López; o presidente en funcións e a presidenta electa do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares e Rosario Álvarez; a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey; o secretario Xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez de Castro; o coordinador do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara; e o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, ademais de varios vicerreitores das Universidades de Vigo e de Santiago.

Redondo (Lugo, 1951) ocupa a Cátedra de Economía Financiera da USC dende 1987 e foi nomeado conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia en 2015. A súa carreira docente, que se remonta ao ano 1974, veuse complementando cunha traxectoria investigadora que comezou no curso 1979-1980 na universidade de California San Diego. A partir de hoxe, compatibilizará a súa pertenza á RAGC co título de membro numerario da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras de España.

No eido académico, Redondo foi vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e director do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da USC. Desde o ano 2005, é director do Máster de Renovación Urbana e Rehabilitación.

Ademais, entre 1995 e 2005, asumiu a dirección do Instituto Galego de Vivenda e Solo e ao longo da súa traxectoria publicou catro libros e numerosos artigos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.