Sábado 20 Abril 2024

As tres universidades galegas e o CSIC impulsan unha rede de seguridade alimentaria

USC, UVigo e UDC impulsan, xunto ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, dependente do CSIC, a Rede Galega de Riscos Emerxentes en Seguridade Alimentaria (Risegal). A iniciativa, que se constituíu este mércores nunha sesión celebrada na sede do IIM en Vigo, está composta por especialistas nos principais axentes poden comprometer a seguridade química e biolóxica dos alimentos comercializados en Galicia.

Risegal terá por obxectivo identificar e explorar os riscos químicos e microbiolóxicos emerxentes en seguridade alimentaria en Galicia tendo en conta factores ambientais e socioeconómicos impulsores como o cambio climático, os novos hábitos de consumo, o envellecemento da poboación, a crise económica ou a globalización. Como fin último, emitirá unha serie de recomendacións e accións para previr a aparición deses riscos.

Publicidade

Teranse en conta novos factores ambientais e socioeconómicos

A rede está coordinada polo grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños do IIM, e tamén forman parte dela o grupo de Patoloxía na Acuicultura na USC, que dirixe o profesor Jesús Romalde; o de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña do IIM; o de Xenética de Organismos Mariños da UDC; e os de Investigacións Agroambientais e Alimentarias, Tecnoloxía dos Alimentos e Análise Química e Toxicolóxica de contaminantes naturais e antropoxénicos presentes en medio ambiente e alimentos, estes últimos da UVigo. A rede conta ademais coa colaboración do Clúster Alimentario de Galicia e da Rede Galega de Vixilancia en Saúde Pública.

O proxecto está financiado pola Axencia Galega de Innovación no marco do programa de Axudas de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas 2017, e ten prevista como data límite para os traballos o final do ano 2019.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna