Sábado 20 Abril 2024

Conseguen facer nunha célula viva unha complexa reacción química de laboratorio

O grupo de José Luis Mascareñas no CiQUS de Santiago fai posible unha reacción de cicloadición, que non existe en procesos naturais

Os científicos do CiQUS da Universidade de Santiago de Compostela José Luis Mascareñas, Joan Miguel Ávila e María Tomás Gamasa acaban de publicar na revista Angewandte Chemie un relevante artigo no que describen unha complexa reacción química dentro dunha célula viva, ao aplicar unha metodoloxía baseada na catálise con rutenio, conseguindo replicar un proceso que é habitual nos laboratorios de química sintética, pero que non forman parte dos procesos metabólicos naturais.

O traballo, asinado polo estudante de doutoramento Joan Miguel Ávila, a investigadora da USC María Tomás Gamasa como codirectora, e o catedrático de Química Orgánica José Luis Mascareñas, foi considerado como very important paper na que é unha das revistas máis prestixiosas a nivel mundial no ámbito da química, unha categoría na que só entra o 5% dos traballos que se publican.

Publicidade

Ilistración do proceso descrito polos científicos composteláns. Foto: CiQUS.
Ilistración do proceso descrito polos científicos composteláns. Foto: CiQUS.

Os investigadores demostran a capacidade das antraquinonas, moléculas non presentes en mamíferos, e que poden ser atractivas como fármacos

O grupo de investigación que dirixe Mascareñas leva tempo traballando no deseño de catalizadores artificiais, distintos aos encimas, pero que sexan capaces tamén de inducir transformacións químicas nos organismos vivos, segundo explican desde o CiQUS. Nesta nova achega expoñen a posibilidade de sintetizar moléculas artificiais de estrutura complexa en sistemas vivos, “usando reaccións catalíticas que non existen na natureza como as de cicloadición, o que un interesante abanico de posibilidades nos campos da bioloxía sintética e a biomedicina”, sostén o director científico do CiQUS.

De feito, neste traballo os investigadores demostran que mediante este método poden preparar un tipo de moléculas (antraquinonas) que non están presentes nos mamíferos, pero si en plantas e outros organismos, e que teñen moitas propiedades biolóxicas que os fan atractivos como fármacos. Con esta tecnoloxía, en principio, unha célula de mamífero si podería producir estas antraquinonas.

Ademais destas posibles aplicacións, a contribución deste traballo é tamén de tipo conceptual xa que “queremos comprobar ata que punto podemos estresar os sistemas vivos, xerando metabolismos de tipo artificial sen producir efectos citotóxicos”, explica o Prof. Mascareñas.


Referencia: Intracellular Ruthenium‐Promoted (2+2+2) Cycloadditions (Publicado en Angewandte Chemie).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos

Un equipo con participación galega desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro

O composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai do tumor, diminuíndo o seu potencial canceríxeno

A USC desenvolve un novo método para a entrega directa de fármacos no interior celular

O novo nanotransportador é capaz de fusionarse coa membrana plasmática e liberar moléculas bioactivas no citosol