Sábado 20 Abril 2024

Premio para o creador de Galiweather, o programa que acaba co ‘home do tempo’

Galiweather é unha ferramenta informática que actúa como o home do tempo.  Recolle datos meteorolóxicos e pode transformalos en linguaxe real, específica para lugares xeográficos tan concretos como as vilas e cidades galegas. Galiweather é unha das creacións do investigador posdoutoral do CiTIUS da USC Alejandro Ramos. Que vén de ser recoñecido como un dos seis doutores distinguidos na I Edición dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España-Fundación BBVA. Dirixidos a doutores menores de 30 anos que desenvolveran a súa tese nunha universidade ou centro científico de España, os novos galardóns pretenden servir de estímulo ao seu labor e pór en valor «a súa creatividade, orixinalidade e excelencia».

Alejandro Ramos doutorouse en Tecnoloxías da Información o pasado mes de decembro, logo de defender con éxito a súa tese desenvolvida ao longo dos últimos anos no Grupo de Sistemas Intelixentes da USC. A principal contribución do traballo é que, por primeira vez, se aplicaron teorías de conxuntos borrosos ao ámbito das tecnoloxías de tradución automática de datos a texto (Data-To-Text technologies – D2T); un novo paradigma que ofreceu como resultado un sistema capaz de converter automaticamente a linguaxe natural os datos de carácter numérico-simbólico empregados por MeteoGalicia.

Publicidade

Así, a ferramenta GALiWeather –que acumula xa máis de 13 millóns de visitas online– ‘traduce’ diariamente a previsión meteorolóxica para os 314 municipios da comunidade dunha maneira flexible e precisa, atendendo aos matices de xeito moi semellante a como o faría un experto humano.

A tese supuxo tamén unha achega científica moi relevante no eido teórico, xa que por primeira vez propón a colaboración de dúas disciplinas que tradicionalmente non traballaran de maneira conxunta: a intelixencia computacional (máis concretamente, a lóxica borrosa) e a xeración de linguaxe natural (Natural Language Generation – NLG). «Teñen un potencial de relación que ata o de agora non se aproveitara», afirma Alejandro Ramos. O traballo abriu unha liña de colaboración internacional coa Universidade de Aberdeen (Escocia), á que se incorporará proximamente o Instituto de Lingüística da Universidade de Malta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos