Xoves 18 Abril 2024

Químicos de Santiago achan un “sorprendente comportamento” no dodecaceno

Científicos do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) de Santiago de Compostela, coordinados por Diego Peña Gil, son os responsables dun novo xiro na investigación dos acenos, moléculas con interesantes propiedades electrónicas de utilidade na fabricación de dispositivos nanométricos, máis precisos e máis funcionais.

Os acenos son moléculas constituídas pola fusión lineal de estruturas hexagonais baseadas en carbono, coñecidas como “aneis de benceno“. A pesar da súa simplicidade estrutural, estas moléculas atraeron unha enorme atención debido ás súas singulares propiedades electrónicas. O pentaceno, por exemplo, está considerado como un dos semiconductores orgánicos máis importantes na fabricación de dispositivos fotoelectrónicos, mentres que os acenos de maior tamaño presentan propiedades únicas que espertaron o interese da ciencia de materiais.

Publicidade

Ata a data, os precedentes científicos xa tiñan amosado unha tendencia regular no comportamento do gap electrónico dos acenos (unha propiedade molecular clave para o seu uso nestes dispositivos). O control deste gap permite fabricar dispositivos fotoelectrónicos a medida. Así, cando os acenos se fan máis grandes (con máis aneis fusionados), o seu gap faise máis pequeno e vólvense cada vez máis reactivos dificultando o seu estudo. Por iso é polo que exista moito interese en sintetizar acenos cada vez máis longos e estudar as súas propiedades. Pero ao mesmo tempo, supoñen un gran desafío debido á súa inestabilidade.

Científicos do CiQUS de Santiago sintetizan a maior molécula de aceno da historia

Un gap máis grande do esperado

Nesta carreira por fabricar acenos con máis aneis e analizar as súas propiedades os científicos conseguiron sintetizar por primeira vez o dodecaceno (12 aneis fusionados) observando como o seu gap, en lugar de facerse máis pequeno, agrándase.

O traballo, recentemente publicado na prestixiosa revista ACS Nano é froito da colaboración entre tres centros europeos: os químicos do CiQUS, encargados de preparar as moléculas precursoras do dodecaceno, os físicos de superficie da TU Dresden, que usaron as moléculas do CiQUS para xerar dodecaceno sobre unha superficie de ouro; e os físicos teóricos de CNRS Toulouse, que explicaron a electrónica da molécula cun estudo computacional. Por parte do CiQUS participaron neste traballo os investigadores Fátima García, Saleta Fernández, Enrique Guitián, Dolores Pérez e Diego Peña.


Referencia: Dodecacene Generated on Surface: Reopening of the Energy Gap (Publicado en ACS Nano).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega sobre estruturas moleculares, portada de Science

Un equipo do CiQUS participa nunha colaboración internacional que logrou modificar moléculas individuais aplicando pulsos eléctricos

“O noso país está á cabeza das situacións complicadas para a carreira investigadora”

O catedrático da USC Diego Peña vén de participar nun foro internacional que reuniu a algúns dos químicos máis prestixiosos de Europa

A foto que reproduce o emblemático Congreso Solvay

O investigador do CiQUS Diego Peña foi un dos 34 participantes en Honour Science & Chemistry, un evento que reuniu a científicos de prestixio internacional

Dous equipos galegos, seleccionados nas prestixiosas bolsas Synergy Grant

Diego Peña, do CiQUS, e Felipe Criado, do Incipit, serán investigadores principais de proxectos financiados con arredor de nove millóns de euros