Ricardo Riguera. Imaxe: CiQUS.

Ricardo Riguera. Imaxe: CiQUS.

Premio para Ricardo Riguera, catedrático de Química Orgánica da USC

O científico, tamén investigador do CiQUS, foi recoñecido co galardón GERMN-Bruker 2018 polas súas achegas á Resonancia Magnética Nuclear

O grupo especializado de Resonancia Magnética Nuclear (RMN) da Sociedade Española de Química (RSEQ) concedeu recentemente na súa reunión Bienal de Lisboa, o premio ‘GERMN- Bruker’ 2018 ao investigador principal do CiQUS e Catedrático de Química Orgánica da Universidade de Santiago de Compostela e Ricardo Riguera. A distinción recoñece a súa contribución ao campo da RMN e en particular ao desenvolvemento de métodos para a determinación da configuración absoluta de compostos orgánicos.

O premio GERMN-Bruker foi establecido polo grupo especializado de RMN (GERMN) co patrocinio da compañía de instrumentación científica Bruker española S.A., co gallo de distinguir aos investigadores españois que fixesen importantes contribucións á espectroscopía de RMN.

O profesor Riguera é autor dunhas 250 publicacións sobre determinación estrutural, química médica metodoloxía sintética e RMN –entre outros temas-, centrándose nestes últimos anos en polímeros intelixentes, biopolímeros e dendrímeros con aplicacións biomédicas.

No campo da RMN, as contribucións do grupo de Riguera permitiron establecer claramente os fundamentos do método para a determinación da configuración absoluta, a estrutura xeral e o papel dos reactivos auxiliares quirais (CDA), estendendo asemade a súa aplicación a máis dunha ducia de distintas clases de compostos. É autor dos traballos de revisión, capítulos de libros e de enciclopedias de referencia sobre o tema, así como dun libro sobre esta técnica (Oxford University Press 2015).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.