Xoves 28 Marzo 2024

Pint of Science, a ciencia nos bares, regresa a Galicia

Tras a gran acollida que tivo a primeira edición celebrada en Galicia, o festival internacional Pint of Science regresa con dobre ración entre os días 23 e 25 de maio. Este ano, A Coruña súmase a Santiago de Compostela e outras 19 cidades españolas neste evento. Pint of Science é unha iniciativa que pretende levar a divulgación científica directamente aos bares para achegala á sociedade. A entrada ás actividades é libre e gratuita.

En Santiago de Compostela, A Nave de Vidán acollerá tres xornadas de charlas presentadas íntegramente por mulleres. Todas comezarán as 20.30 horas. O luns 23, baixo o título xenérico Tech me out, falarán Betty M. León Fong, catedrática xubilada de Física Aplicada na Uvigo, cunha sesión titulada A volta do pirata da pata de pao. A continuación, a meteoróloga Beatriz Hervella, de 4gotas.com, ofrecerá unha charla titulada O Galo de Barcelos 3.0. Pechará a xornada Tatiana López, directora executiva de Nanogap, con A terceira dimensión da táboa periódica.

Publicidade

En Santiago falarase de tecnoloxía, nanobiloxía, astronomía, electrónica e xeometría

O martes 24 falarase de nanobioloxía. África González, do Centro de Investigacións Biomédicas da Uvigo, falará de O mundo do pequeno: nanotecnoloxía. A continuación, os Virus Emerxentes  serán protagonistas da man de Carmen Rivas, investigadora do Centro Nacional de Biotecnoloxía, actualmente desprazada no CIMUS da Universidade de Compostela. A sesión rematará con Garrod, Santa Pola e a edición xenética, a cargo de Laura Sánchez-Piñón, catedrática de Xenética no Campus de Lugo.

O mércores 25, a xornada levará o título de Light, Stars and Shape. Comezará coa actividade Escoitando a luz, presentada por Dora Blanco Heras, do Departamento de Electrónica do CITIUS da USC. Posteriormente falarán Josefina F. Ling, investigadora do Observatorio Ramón María Aller, cunha charla titulada Eses astrónomos tolos polo ceo. A encargada de pechar o Pint of Science de 2016 en Santiago será María Elena Vázquez Abal, do Departamento de Xeometría e Topoloxía da USC, coa sesión Curvatura, o perfil sexi da xeometría.

A Coruña

Mentras Santiago acolle Pint of Science por segundo ano consecutivo, a cidade da Coruña estréase neste 2016. As actividades celebranse na cervexería Malte, na rúa Galera, ás 19 horas.

O luns 23, baixo o epígrafe Cerebro y estómago, o ciclo de charlas comezará con Casto Rivadulla, investigador do grupo Neurocom e do INIBIC da Universidade da Coruña, coa conferencia O mundo que non vemos. Proseguirá coa xornada Rosa García-Junco, do Grupo de Investigación de Bioloxía Evolutiva (GIBE) da UDC, cunha sesión titulada Anisakis y otros parásitos del pescado.

O martes 24, baixo o título Matemáticas e xenes, haberá dúas novas charlas. Guillermo Lorenzo, do Grupo de Métodos Numéricos en Enxeñería da universidade coruñesa, abordará As ecuacións do cancro. Posteriormente, Vanessa Valdeiglesias, investigadora da Unidade de Toxicoloxía e do grupo DICOMOSA, falará sobre A nanotecnoloxía: o poder do máis pequeno.

O Pint of Science 2016 celébrase simultáneamente en 10 países e 21 cidades españolas

O mércores 25 abordarase a xenética coa xornada titulada ¿A qué ule o teu ADN? Falará Verónica Rojo, de AllGenetics & Biology, cunha sesión titulada Eau de ADN: ¿cómo ules?. As charlas na Coruña pecharanse coa intervención de Ana M. González Tizón, do GIBE da UDC, titulada Da banda deseñada á realidade: mutantes e mutados.

Pint of Science xurdiu no ano 2012 da man de Michael Motskin y Praveen Paul, dous investigadores do Imperial College de Londres, que puxeron en marcha un evento chamado ‘Meet the Researchers’ (“Coñece aos investigadores”), que reuniu nos seus laboratorios a persoas afectadas por Parkinson, Alzheimer, e outras enfermidades do sistema nervioso. Pensaron: se a xente quere entrar nos laboratorios para coñecer aos científicos, ¿por que non levar aos científicos onde está a xente? E así, en maio de 2013, celebrouse a primeira edición. Neste ano, o festival terá lugar de xeito sincronizado en 10 países: Reino Unido, Francia, Italia, Estados Unidos, Australia, Brasil, Canadá, Austria, Sudáfrica e España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.