Venres 29 Marzo 2024

Ciencia con pintas

Ciencia e pintas de cervexa poden estar moi relacionadas. Sábeno ben os que leron ‘Os contos da taberna do cervo branco’, de Arthur C. Clarke, que narra as historias disparatadas e sorprendentes do investigador Harry Purvis cando presume fachendoso cos seus colegas no pub onde se reúnen tras pasar o día no laboratorio.

A entrada ao festival é libre e gratuita.
A entrada ao festival é libre e gratuita.

Dende agora, pintas e ciencia tamén teñen o seu espazo en Compostela. Porque comeza en Santiago o festival ‘Pint of Science‘, unha cita para achegar a ciencia ao gran público dun xeito divertido. A idea naceu duns investigadores do Imperial College de Londres e estendeuse polo mundo. Este ano, chega a Galicia con tres xornadas, dende hoxe luns 18 ao próximo mércores 20, na Nave de Vidán (avenida Maestra Victoria Míguez, 44).
O festival Pint of Science ten como obxectivo ofrecer charlas interesantes, divertidas, sobre as últimas investigacións científicas, nun formato accesible ao público. E todo iso nun bar.
En 2012, Michael Motskin e Praveen Paul, dous investigadores do Imperial College de Londres, organizaron un evento chamado ‘Meet the Researchers‘ (“Coñece os investigadores”), que reuniu persoas afectadas por Parkinson,Alzheimer, enfermidade da neurona motora e esclerose múltiple nos seus laboratorios, para amosarlles o tipo de investigación que levan a cabo. Foi algo inspirador para visitantes e investigadores. E así naceu Pint of Science. En maio de 2013 celebrouse o primeiro festival Pint of Science, que contou con algúns dos nomes máis importantes nos seus campos para explicar o seu traballo innovador aos amantes da ciencia e a cervexa. Foi todo un éxito que agora chega a Compostela. A entrada é libre e gratuíta.

A entrada ao festival é libre e gratuita os tres días na Nave de Vilán

Hoxe, luns 18 de maio, dende as 20.30, a xornada titúlase ‘Somos os nosos xenes‘. E contará con Manuel Collado (Investigador no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago), Ángel Carracedo (Profesor da USC, director do Grupo de Medicina Xenómica) e Gonzalo Álvarez (Doutor en Ciencias Biolóxicas e Catedrático de Xenética na Universidade de Santiago de Compostela).
O martes 19 o título será ‘Dos átomos ás galaxias‘. E os relatores serán Enrique Zas (Catedrático de Física Teórica. Director do grupo de Astrofísica de partículas da USC), Jorge Mira (Catedrático da área de Electromagnetismo da USC) e José Edelstein (do Departamento de Física de Partículas da USC).
O mércores 20 dedicarase a ‘Mente marabillosa‘ e contará con Casto Rivadulla (Profesor titular e investigador do Grupo NEUROCOM, da Universidade da Coruña), Xurxo Mariño (do Grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade dá Coruña) e Julio González (Departamento de Estatística e Investigación Operativa. Facultade de Matemáticas. USC). Ademais, o mércores haberá números de maxia, para comprender como a nosa mente se deixa enganar por xogos e supostos. Os magos Óscar & Miguel serán os encargados desta parte máis lúdica da xornada do mércores.
A entrada a ‘Pint of Science’ é libre e gratuíta, dende as 20.30 horas na Nave de Vidán.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:04:39

Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio?

Grazas aos pararraios a humanidade non teme hoxe as tormentas e o seu poder destrutivo, pero o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico

Pódcast | É hora de entender o cambio horario, con Jorge Mira

O catedrático de Física da USC, membro do comité de expertos que asesorou ao Goberno, aclara as dúbidas respecto ao movemento do reloxo

Un estudo cuestiona os riscos para a saúde atribuídos ao movementos do reloxo

Investigadores das Universidades de Santiago de Compostela e Sevilla revisaron a literatura científica máis citada a este respecto

A Academia de Ciencias premia a traxectoria de cinco científicos coas Medallas de Investigación

Jesús López Romalde, Ramón Máiz, Mª Ángeles Sanromán, Jorge Mira e Isabel Pastoriza son os premiados deste ano