Xoves 28 Marzo 2024

As persoas bilingües tardan máis en padecer demencia senil

Os galegos estamos de noraboa. Porque falar dúas linguas ten beneficios para a saúde. Así ven de demostralo un equipo de investigadores indios e británicos, que levou a cabo un estudo con 648 pacientes de India que demostra que as persoas que falan dous idiomas tardan uns catro anos e medio máis en desenvolver demencia que os monolingües. Ademais, o traballo é o primeiro en mostrar estes beneficios en persoas analfabetas.

Investigadores de varias institucións de India e Reino Unido descubriron que saber dous idiomas ten efectos positivos directos na saúde mental. Os resultados do estudo, que incluíu 648 pacientes indios, revelaron que en media os individuos bilingües desenvolvían demencia catro anos e medio máis tarde que os monolingües.

Publicidade

O traballo, publicado esta semana na revista “Neurology”, é o primeiro, ademais, en demostrar en persoas analfabetas -148 dos pacientes- os beneficios no cerebro de falar dúas linguas, o que, segundo os expertos, permite descartar a influencia do nivel educativo do individuo. O traballo non encontrou ningún efecto extra ao incrementar o número de idiomas.

Do conxunto de pacientes estudados, cunha idade media de 66 anos, “a metade era monolingüe e a outra metade bilingüe”, indica a SINC Thomas H. Bak, un dos autores e investigador da Universidade de Edinburgo.

“Cremos que falar máis dun idioma produce un desenvolvemento máis intenso das áreas do cerebro encargadas das funcións de execución e atención, o que axudaría a previr estas enfermidades”, explica Suvarna Alladi, outro dos autores e membro do Instituto Nizam de Ciencias Médicas de Hyderabad (India).

Un bo exercicio para o cerebro

O adestramento mental que require esta habilidade supón un exercicio intenso para o cerebro. “A persoa ten que activar constantemente de xeito selectivo sons, palabras, conceptos e normas sociais das diferentes linguas”, recalca Bak.

“Os nosos resultados poñen de manifesto a protección que exerce o bilingüismo fronte á demencia nunha poboación moi variada e diferente da que se estudou ata agora, tanto en termos culturais e étnicos, coma en patróns de uso da linguaxe,” expón o investigador indio.

O científico da Universidade de Edinburgo coincide con Alladi, “o bilingüismo non só significa unha gran riqueza cultural, senón tamén unha vantaxe para a saúde pública”. Ademais, destaca a importancia de levar a cabo este tipo de estudos en España xa que “é o país multilingüe máis importante de Europa e ten centros importantes destinados á investigación neste ámbito”, destaca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:03:49

F de Fala: as palabras que nos sosteñen

'Veiga', 'laverca' e 'Rábade' son palabras que herdamos de linguas perromanas, xermanas e árabes e que hoxe forman parte do léxico galego

Unha campaña de doazón de voz recollerá as variedades fonéticas e dialectais de Galicia

O obxectivo é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas

As 10 palabras do Nadal en galego que debes saber

Existen moitas expresións para referirnos aos enfeites, as tradicións ou o tempo. Descúbreas e engádeas ao teu vocabulario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario