Localización do sismo deste mércores en Ordes. Fonte: IGN.
Localización do sismo deste mércores en Ordes. Fonte: IGN.

Ordes rexistra un terremoto de intensidade II

O sismo, cunha magnitude de 2,5 tivo lugar ás 22.50 da noite do mércores a poucos quilómetros ao nordeste do casco urbano do municipio

A maioría dos pequenos sismos que acontecen case a diario en Galicia non son percibidos pola poboación. Porén, si se sentiu o que na noite deste mércores se produciu en Ordes, ao nordeste do casco urbano do municipio, arredor das 22.51 horas.

O terremoto de Ordes, de magnitude 2,5, tivo epicentro a uns 16 quilómetros de profundidade. E segundo os datos recollidos polo IGN, sentiuse no lugar de Guiliade, en Betanzos, a máis de 20 quilómetros do epicentro. Porén, rexistrouse con intensidade II, é dicir, que é sentido por unha porcentaxe moi pequena da poboación e que non produce ningún efecto nin dano.

Un impacto inferior, por exemplo, ao que produciu o sismo de Melgaço, o pasado mes de novembro, que rexistrou máis de 400 avisos ao IGN, desde todo o sur de Galicia e norte de Portugal, e acadou magnitude 3,8.

1 comentario

  1. Intensidade 2,5 é tremor, non terremoto. Dívolo unha galega que vive no cinto de fogo do Pacífico e á que lle tocou vivir un terremoto, en 2016, e varios tremores, o último este sábado, de 7,5. Mesmo que sexa de 7,5, non se considera terremoto se non hai danos graves.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.