Xoves 28 Marzo 2024

O verán chega o martes ás 00.34 horas

Ás 0.34 horas do martes 21 comezará o verán no hemisferio boreal. A nova estación chega logo de cinco meses de climatoloxía inestable, xa que en Santiago só nesta primeira metade do ano, con 1.400 l/m2 recollidos, choveu máis que todo o ano pasado (1.312,7 l/m2). O verán prolongarase ata as 16.21 horas do 22 de setembro, tempo no que como explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, están previsto diversos fenómenos astronómicos.

No capítulo das eclipses está previsto que o 1 de setembro se produza unha anular de Sol, aínda que non será observable na Península Ibérica. Xa o día 16 do mesmo mes producirase unha penumbral de Lúa, visible en España nas súas últimas fases. En Galicia, a Lúa sairá en torno ás 20.40 horas e a eclipse rematará ás 22.50 horas.

Publicidade

As Perseidas terán o seu máximo na noite do 12 de agosto

As dúas principais serán as Perseidas e as δ-acuáridas. As Perseidas, do 17 de xullo ao 24 de agosto, terán un máximo o día 12 de agosto entre as 10.00 e as 24.00 horas. Como explica o profesor Docobo, poderían producirse picos de actividade na noite do día 11 ao 12 e espérase unha actividade algo maior debido a que a confluencia de Xúpiter achegou unha parte da corrente á Terra.  Pola que respecta ás δ-acuáridas do sur, terán lugar do 12 de xullo ao 23 de agosto cun máximo o día 30 de xullo.

No relativo á visibilidade de planetas, Mercurio será visible ao amencer durante xuño, os primeiros días de xullo e a partir de mediados de setembro e ao solpor no resto do verán. Venus mostrarase no solpor e Marte durante case toda a noite en xuño, se ben porase cada vez máis cedo ata que en setembro o faga despois da media noite.

Tamén Xupiter será visible dende o solpor durante todo o verán. Será visible ata despois da media noite a comezos do verán e irase ocultando cada vez máis cedo. Pola súa banda, Saturno mostrarase durante case toda a noite en xuño, poñéndose cada vez máis cedo ata que en setembro o faga despois da media noite.

Outros eventos
Como explicou o profesor Docobo, outros eventos de interese na época estival serán diversas conxuncións da Lúa con Xúpiter (o 9 de xullo e o 5/8); con Marte (14/7); e con Saturno (15/7). Tamén será visibles as conxuncións de Mercurio e Venus (16/7) e a de Xúpiter e Venus (28/8), así como a aliñación da Lúa, Saturno e Marte (12/8). O día 4 de xullo está previsto se rexistre o afelio terrestre, a posición máis alonxada da Terra con respecto ao Sol e o 16 de agosto a máxima elongación leste de Mercurio, o que dará a oportunidade de ver este planeta a simple vista logo do solpor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.