Venres 19 Abril 2024

O MUNCYT de A Coruña cumpre 2 anos con máis de 100.000 visitantes

MUNCYT_Coruna
Sede do Muncyt en A Coruña.

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), situado en A Coruña, ven de cumprir dous anos, nos que superou os cen mil visitantes. Unha serie de atividades durante toda a fin de semana festexaron o aniversario dun centro que opta a varios premios internacionais.

Durante estes dous anos, o MUNCYT puxo en marcha un abano de actividades como as visitas guiadas para grupos xerais e escolares, os “sábados Eureka” que son divertidos obradoiros de experimentación destinados aos máis novos, actividades para adultos, gynkanas familiares durante as mañás dominicais, campamentos de verán, etc.

Publicidade

Dende a inauguración polas súas Altezas Reais os Príncipes de Asturias o 4 de maio de 2012, o Museo recibiu máis de 100.000 visitantes. Durante o ano 2013, organizou máis de 130 talleres científicos, máis de 330 centros escolares realizaron visitas guiadas e desenvolvéronse máis de 80 actividades para todos os públicos.

Situado no Paseo Marítimo coruñés, na enseada de Riazor, a parcela do MUNCYT mide 4.800 metros cadrados, que se converten en praza pública e serven de antesala ao museo. O edificio ocupa nela unha superficie de 1.514 metros cadrados, cunha altura de 29 m. A superficie construída é de máis de seis mil metros cadrados dos que 3.000 están dedicados ás súas seis salas de exposicións.

A maqueta do edificio foi exposta no museo MOMA de Nova York

O vangardista edificio foi deseñado polos arquitectos Victoria Alonso e Anxo Acivro, e foi galardoado, entre outros, co Premio Nacional de Arquitectura Nova da 9ª Bienal de Arquitectura Española. En febreiro de 2006 o proxecto e a maqueta do edificio expuxéronse no MOMA de Nova York, dentro da exposición “On Site: New Architecture in Spain“.

O Museo estivo dirixido por Ramón Núñez Centella, e tras a súa xubilación en decembro de 2012, a nova directora é a experta conservadora e física Marian del Egido.

Xestionado pola FECYT

Entre outros moitos logros, o Museo encóntrase nestes momentos entre os nominados a mellor Museo Europeo do ano 2014 polo European Museum Forum, un premio que se concede aos museos que destacan en termos de innovación e de calidade como espazos públicos. O gañador do certame darase a coñecer nunha conferencia que se celebrará en Tallín (Estonia) do 14 ao 17 de Maio de 2014.

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía é un museo público adscrito ao Ministerio de Economía e Competitividade e xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. Os seus obxectivos son contribuír a popularizar a ciencia e mellorar a educación científica de todos os cidadáns, así como conservar e poñer en valor o patrimonio histórico de ciencia e tecnoloxía. O MUNCYT pretende ser, ademais, escaparate da ciencia española, promovendo o coñecemento da actividade dos centros nacionais de investigación e actuando como referente social e punto de encontro en materia científica e tecnolóxica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro
00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural