A sede coruñesa do MUNCYT renova as exposicións de Patrimonio e Tecnodiversidade.
A sede coruñesa do MUNCYT renova as exposicións de Patrimonio e Tecnodiversidade.

O MUNCYT da Coruña renova a súa cámara dos tesouros

A sección de Tecnodiversidade está dedicada a expoñer ferramentas manuais coas que se quere poñer de manifesto como o desenvolvemento tecnolóxico axúdanos na vida cotiá, e como as ferramentas tamén se adaptan ao medio e transfórmanse para realizar labores específicos. Agora contén unha ampla mostra de maquinarias de bronce, caoba e nogueira moi elaboradas dos séculos XVIII e XIX que permitían a fabricación dos reloxos. Pódese ver tamén unha interesante colección de agullas de reloxo de diferentes épocas, tamaños, países e materiais, realizadas a man polo reloxeiro Antonio Palacios Garrido e doadas pola súa viúva ao MUNCYT por expreso desexo deste.

Ata a data, o recuncho de Tecnodiversidade do Museo mostraba ao público a infinidade de tipos de martelos que existen e que non só se usan para cravar cravos. Ensinouse como ao longo da historia foron variando as formas, os materiais, a súa utilización e función. Coa exposición dedicada aos martelos púidose aprender que cada función require unha forma e a forma adáptase á función.

Por outra banda, a sala de Patrimonio está destinada a expoñer as pezas máis valiosas, antigas e representativas do Museo e a historia da ciencia e a tecnoloxía. É a cámara dos tesouros do Museo. Agora expóñense nela catorce pezas que abarcan un amplo marco cronolóxico. Desde a época romana, a través duns biberóns, ata interesantes exemplos renacentistas ou espellos do século XVIII. O visitante poderá apreciar tamén un Barómetro de Sifón de mediados do século XVIII, utilizado para medir a presión atmosférica. Ou o sintetizador de son ideado por Hermann Von Helmholtz que permitía xerar sons de distintas frecuencias e sumalos, para comprobar así as teorías sobre a percepción dos sons e a súa natureza. Este aparello é considerado por moitos como o primeiro sintetizador electrónico.

O MUNCYT expón as pezas máis valiosas e representativas da historia da ciencia e a tecnoloxía

Todas as pezas de Patrimonio atópanse nun espazo no que a luz se converte nun aliado, permitindo resaltar os seus pequenos detalles en plena escuridade. Esta zona do Museo na que se coidan ao máximo tanto as condicións de temperatura como de humidade e luz, permite ao visitante decatarse da importancia do patrimonio científico e tecnolóxico e a súa conservación.

Patrimonio tivo expostas ata agora pezas 13 pezas entre as que se atopaban astrolabio en madeira, construído polos Xesuítas, o primeiro fonógrafo de Edison, instrumentos de navegación, instrumentos para o ensino da física, un reloxo pertencente ao rei Carlos III, entre outras.

O MUNCYT incorporou tamén unha valiosa peza do artista madrileño Luís García Núñez, máis coñecido como Lugán (1929), pioneiro da escultura sonora en España. Trátase da Computadora de despezamento sensible ao tacto humano de 1969. Esta peza pertence á colección permanente do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. O artista realizouna con pezas que atopou nun almacén de despezamento de computadores. É unha especie de robot que dotado dunha antena interna que ante a presenza de espectadores emite sons.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.