Portada do terceiro volume de
Portada do terceiro volume de "Marco Numérico".

O IES Marco do Camballón publica o 3º “Marco Numérico” en plena pandemia

O alumnado de 2º de Bacharelato do centro de Vila de Cruces lanza a súa revista de investigación matemática a pesar da interrupción das clases

Nin a pandemia da Covid-19, coa paralización da actividade presencial nos centros educativos, foi obstáculo suficiente para impedir o lanzamento do terceiro volume de Marco Numérico, a revista de investigación matemática que publica desde 2018 o alumnado do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. A pesar das “difíciles circunstancias”, a revista que recolle os traballos de investigación realizados durante o curso por alumnado de secundaria e bacharelato do centro cruceño.

O terceiro volume conta con nove artigos que teñen as matemáticas como eixo central, e abordan desde esta disciplina asuntos de interese social e ecolóxico como outros especificamente asociados ao eido da investigación matemática ou numérica. Neste número abránguense temáticas diversas en materia de migracións e igualdade de xénero; tests de primalidade e distribución dos números primos; e intervalos preditivos na detección de partículas elementais masivas, entre outros. A edición conta tamén cun limiar escrito por Cibrán Arxibai, profesor de Matemáticas no IES Losada Diéguez da Estrada e autor do blog Carta Xeométrica.

Os traballos do alumnado están suxeitos aos estándares de rigor e forma propios do ámbito académico. Por tanto, deben ser orixinais en canto á metodoloxía empregadas, coidar a formulación e contraste de hipótesis e a elaboración de conclusións propias.

Segundo explican os impulsores de Marco Numérico, a publicación pretende introducir ao alumnado de secundaria e bacharelato na investigación formal. Deste xeito, o alumnado muda o rol pasivo que habitualmente ten asignado nas escolas por un papel máis activo na adquisición e formalización do coñecemento. Ademais de adquirir competencias específicas da área das matemáticas, esta experiencia pode ser motivadora en termos xerais, ben noutros eidos do coñecemento científico, ben tamén na investigación humanística.

Os autores da publicacións salientan que o número puido saír adiante nas condicións de aprendizaxe do presente curso, afectadas polas graves mudanzas provocadas pola pandemia da Covid-19. “Esta nova situación esixiu doses adicionais de implicación por parte do alumnado que, durante o confinamento, foi quen de sacar adiante varios dos traballos publicados”, destacan. Os coordinadores da publicación queren destacar en concreto tres artigos que, ademais de teren sido desenvolvidos nesas circunstancias, achegan análises interesantes sobre o tema a tratar.

Índice

  • Limiar
  • O salto atlántico. Migracións interiores en Galicia (2000-2018)
  • Igualdade de xénero na política. Contexto europeo no período 2005-2015
  • Eficacia probabilística do test de primalidade de Miller-Rabin
  • Intervalos preditivos na detección de muónsO teorema dos números primos. Unha estimación da distribución
  • Sobre a distribución de números primos. Un patrón de repulsión
  • Sobre a distancia entre números primos. A conxetura de Andrica
  • Lei de Benford en xeradores de congruencia lineal (LCG)
  • O fractal de Bransley. Un fento caótico?

Podes descargar en PDF a revista nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.