Xoves 18 Abril 2024

O galego ante o Día Internacional da Lingua Nai

Case a metade das 5.500 linguas que actualmente se falan no mundo están en perigo de extinción. Evitar que morran é un dos obxectivos do Día Internacional da Lingua Materna. A Unesco proclamou esta xornada en 1999 e elixiu a data do 21 de febreiro en recordo da morte, en 1952, de catro estudantes, tiroteados pola policía cando reclamaban o recoñecemento da lingua bengalí, no que hoxe é Bangla Desh.
O Día da Lingua Materna pretende salientar a importancia da diversidade lingüística e promover o uso dos idiomas maternos. Cada 15 días desaparece unha lingua no mundo, o que supón que nas próximas décadas centos de linguas minoritarias deixarán de existir. Non haberá ninguén que as fale.
Non semella que isto vaia acontencer co galego, que malia a súa convivencia co castelán, que prevalece en eidos clave como os medios de comunicación, pode presumir de ter 3,5 millóns de falantes no mundo, o que a sitúa no posto 160 entre as 5.500 linguas do mundo. E no lugar 23 entre as 150 linguas europeas. O galego ten máis falantes que algunhas linguas oficiais europeas como eslovaco, esloveno, maltés, islandés e gaélico e, xunto con vasco e catalán, son as tres únicas linguas europeas non oficiais de estados que poden ser utilizadas nas institucións da Unión Europea.

Un 8% das publicacións científicas que se fan en Galicia son en galego

O galego atópase entre as 30 linguas máis usadas na internet no mundo, por diante de linguas que o triplican ou quintuplican en número de falantes. No que atinxe á Wikipedia, atendendo á calidade, a Galipedia ocupa o posto número 36; e ocupa o posto 33, segundo o número de artigos por número de falantes. Ademáis, varias campañas animan a usar o galego na Internet, como a que este ano promove que Apple o incorpore a todos os seus produtos.
Ademais, a participación dos galegos nas redes sociais é moi forte. Un estudo do Consello da Cultura Galega revela que son máis activos que o resto do Estado. Este feito tradúcese nunha grande importancia nalgúns eidos, aínda que na rede Twitter o uso do galego e significativamente baixo.
Para rematar, un estudo de 2014 sobre o idioma das publicacións científicas en Galicia revela que o galego ocupa un espazo marxinal, mesmo en artigos como en teses doutorais. O traballo revela que só un 8 por cento das publicacións se fan en galego, e nesta porcentaxe están incluídas as de materias como Filoloxía Galega, que por definición adoitan empregar esta lingua.

Publicidade

3 COMENTÁRIOS

  1. Congratulations. It’s wonderful when everybody is involved with such a big project. I see that in your country people know how important is to use a language to keep it alive. It’s not the same situation where I live, I must admit. My native language is used by fewer people each day. Politicians use this issue as some kind of weapon and so citizens do. The problem doesn’t concern most of them. The situation is specially dramatic when we talk about our children. Some of them have never heard anybody speaking my language because they don’t learn it in school and their parents don’t speak it. We all know those children are our future. The future of my language.

  2. Es bueno cuidar la perspectiva. Una cosa es mantener “nuestra” amplia y singular cultura (que no es solo lengua, aunque de ella viva mucha gente) y otra es querer poner palos en las ruedas a quien no siga nuestras máximas. Estamos aquī porque somos permeables y nos enriquecemos con la diferencia, los excluyeres (más especializados) se quedaron en los árboles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:03:49

F de Fala: as palabras que nos sosteñen

'Veiga', 'laverca' e 'Rábade' son palabras que herdamos de linguas perromanas, xermanas e árabes e que hoxe forman parte do léxico galego

Unha campaña de doazón de voz recollerá as variedades fonéticas e dialectais de Galicia

O obxectivo é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas

As 10 palabras do Nadal en galego que debes saber

Existen moitas expresións para referirnos aos enfeites, as tradicións ou o tempo. Descúbreas e engádeas ao teu vocabulario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario