Sábado 20 Abril 2024

O físico galego Salva Bará, premiado polo seu labor contra a contaminación luminosa

A Asociación Internacional do Ceo Escuro (IDA), referente na defensa dos ceos limpos, recoñeceu ao profesor da USC polo seu labor de concienciación sobre o problema

A Asociación Internacional do Ceo Escuro (IDA) anunciou este mércores os seus galardóns anuais, cos que recoñece o labor de individuos e colectivos comprometidos no labor de defensa de ceos limpos e libres de contaminación luminosa. Entre os galardoados está o físico da USC Salva Bará, que recibiu o premio Galileo da IDA. A entidade destaca o seu labor “na educación das organizacións gobernamentais, empresas e o público xeral sobre o valor das ordenanzas de control da iluminación exterior”, un dos principais factores que inflúen na contaminación luminosa.

Salva Bará é profesor de Óptica na Facultade de Física da USC, e é experto en óptica visual, iluminación, ademais do seu relevante traballo de investigación sobre a contaminación luminosa. Traballa na aplicación de métodos, conceptos e dispositivos da física e a fotónica para analizar, avaliar e resolver problemas relacionados co impacto deste problema.

Publicidade

Entre outros avances, o traballo de Bará contribuíron a un mellor coñecemento da propagación da contaminación luminosa, a avaliación dos efectos non visuais da luz durante a noite, ademais de desenvolver novas técnicas para a fotometría destes impactos.

Segundo destacan desde a IDA, Bará é “un científico recoñecido internacionalmente, con numerosas colaboracións arredor do globo”, salientando ademais “a forte énfase” da súa investigación “na comprensión dos aspectos máis amplos da óptica, que requiren un coñecemento profundo en física, matemáticas e tecnoloxía”. Subliñan, igualmente, que “os métodos e solucións ópticas que [Bará] desenolveu fixéronse importantes en diversos campos da ciencia, incluíndo a enxeñaría da iluminación, a física, a astronomía e outras ciencias naturais”.

Na categoría máis destacada dos premios da IDA, o galardón Crawford Hunter, que recoñece as traxectorias vitais centradas no traballo a prol da reducción da contaminación luminosa, a entidade recoñeceu ao profesor Jaime Zamorano, profesor de Astrofísica da Universidad Complutense de Madrid (UCM). Zamorano foi impulsor de numerosos proxectos en España para a protección dos ceos, e coordina a Rede Española de Investigación en Contaminación Luminosa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'