Xoves 25 Abril 2024

O CSIC castiga á Misión Biolóxica de Galicia por facer contratos indefinidos

O CSIC quere penalizar á Misión Biolóxica de Galicia, nunha decisión que carrexa baixadas de soldos por produtividade e dificultades para contratar novo persoal. Así o decidiu o presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas, Emilio Lora-Tamayo, nunha resolución con data 6 de abril que castiga tamén a outros 10 centros do CSIC en toda España, ademais de a grupos concretos de investigación. Curiosamente, o que fan estes centros é simplemente acatar sentenzas xudiciais que obrigan a contratar a traballadores en situación irregular.

A Misión Biolóxica de Galicia, no sexto posto dos centros que serán penalizados.
A Misión Biolóxica de Galicia, no sexto posto dos centros que serán penalizados.

A resolución, á que tivo acceso GCiencia, tenta atallar a batalla na que se atopa inmerso o maior organismo público de investigación en España, cando investigadores e técnicos recorren aos tribunais para esixir un contrato indefinido tras traballar como temporais nun proxecto concreto. Centos de sentenzas xudiciais deron a razón aos traballadores e o CSIC debe asumir a súa contratación. Agora, Lora-Tamayo crea un ‘índice de litixiosidade’ que, mediante un baremo matemático, sinala aos centros e equipos onde o CSIC perdeu máis preitos. E vailles limitar a contratación de persoal, ademais de castigar aos xefes científicos, incluso recortando o seu salario a través da produtividade.

Publicidade

A resolución do 6 de abril, que causou gran conmoción nos centros do CSIC, denuncia que a admisión de traballadores temporais como indefinidos tras unha sentenza xudicial supón un “grave prexuízo” para a súa política de recursos humanos e calcula que o “custo”total das sentenzas foi de 2,6 millóns de euros dende o ano 2013. Ademais, cuantifica en 677 as persoas gañaron unha praza deste xeito e di que hai outros 112 casos pendentes de resolución en toda España.

Os científicos directores de equipo verán recortado o salario vía produtividade

Os investigadores e grupos que teñan un “índice de litixiosidade” superior ao dobre da media non poderán contratar persoal ata que se diriman nos tribunais todos os preitos presentados. En total, son 11 centros de investigación os que están afectados con penalizacións. A Misión Biolóxica de Galicia está situada no sexto posto, con só 2 dos seus 64 traballadores contratados ‘por sentenza’, o que arroxa un índice de 3,13%. Este baremo triplica a media, segundo os cálculos que fai o propio CSIC, que se sitúa no 1,05%.

A Misión Biolóxica de Galicia é un centro de gran prestixio, dedicado ao estudo dos vexetais de uso agrícola no país, con especial atención á vide, as brásicas, o millo, a xudía e o chícharo. Está situada nun pazo de 12 hectáreas nos arredores da cidade de Pontevedra e que pertence á Deputación de Pontevedra dende 1928. De feito, non depende só dos orzamentos estatais e parte do seu financiamento é provincial.

Penalizacións para os 11 centros do CSIC.
Penalizacións para os 11 centros do CSIC.

Ademais da Misión Biolóxica de Galicia, podería haber investigadores principais que lideran equipos que estean afectados por estas penalizacións. Neste caso, o CSIC non sinala os grupos que superan o recén creado ‘índice de litixiosidade’, pero estes científicos concretos verían recortado o seu salario, dentro da partida chamada ‘Productividade 18.2“, segundo sinala o documento.

O CSIC ten en España 10.000 empregados e máis de 100 centros de I+D. Dende hai anos, a presidencia da institución láiase de que científicos e técnicos acudan aos tribunais para conseguir unha praza indefinida despois de sumar contratos parciais. A realidade é que os demandantes adoitan gañar estas reclamacións. Pero a dirección do CSIC considera que este sistema ameaza a libre concorrencia e o acceso as prazas por concurso de méritos.

A resolución ten ocasionado un fondo debate nos centros do CSIC e hai iniciativas para contestala. Algunhas fontes subliñan, ademais, que a presidencia actual depende dun Goberno en funcións, o que non permite saber o alcance que chegará a ter este novo ‘índice de litixiosidade’ nin as penas que del se derivan.

Nunha “nota aclaratoria” asinada por un alto funcionario do CSIC, e enviada aos propios centros ante as crecentes críticas, a institución afirma que pretende “mellorar a situación comparativa dos institutos que tiveron ó persoal contratado dacordo coa normativa establecida”. E favorecer a aqueles institutos que menos persoal contrataran pola vía xudicial. Tamén prega que se espere a coñecer o alcance que terá esta resolución, aínda que son moi claros os seus termos punitivos tanto para os científicos sinalados como para os 11 centros, incluída a Misión Biolóxica de Galicia.

Podes ver ou descargar aquí en pdf a resolución do CSIC de 6 de abril asinada por Lora-Tamayo

1 comentario

  1. El agravio comparativo al que eluden los altos funcinarios del CSIC no es cierta. Las personas que ganan una plaza indefinida por sentencia, se han tenido que presentar a una oposición 2 años después de la sentencia (salvo los que están pendientes de resolución) para conseguir un puesto fijo. Es decir, denuncian porque el CSIC ha concatenado contratos consecutivos en diferentes proyectos, lo que demuestra que el puesto que ocupa la persona es una necesidad estructural y no coyuntural, lo cual es lógico, porque los investigadores y centros de investigación no cambian de línea de trabajo cada año. Una vez que se tiene un técnico o un investigador formado en campos muy especializados, lo cual conlleva un gasto al propio CSIC de recursos humanos, materiales y de tiempo, lo normal (al menos así ocurre en los países avanzados) sería seguir contratándolo para rentabilizar esa inversión en formación y no echarlo a la calle y volver a empezar de cero, perdiendo eficiencia y eficacia en investigación. Pero es que, a mayores, después de ganar la sentencia, esas personas han tenido que presentarse a unas oposiciones abiertas, a las que cualquier persona se podía presentar y en las que, en algunos casos, tenía preferencia la promoción interna o el concurso de traslados sobre las propias personas que denunciaron al CSIC y “ganaron” su plaza indefinida por sentencia. Es decir, que aún aprobando la oposición y con buena nota, han perdido la plaza que ha ido a parar a personas con peor nota pero que ya estaban dentro del sistema. Así que el mantra del agravio comparativo lo pueden guardar ya en el cajón.
    En cualquier caso, resulta cuanto menos curioso que el CSIC piense que estabilizar la situación de sus trabajadores sea perjudicial para la institución… Pues lo será económicamente, porque científicamente la estabilidad es mucho mejor política.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte