O chef Pepe Solla guía o programa divulgativo ‘Cociña con Ciencia’

O chef Pepe Solla, nun mercado.
O chef Pepe Solla, nun mercado.

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) presentou o proxecto de divulgación científica ‘COCIÑAconCIENCIA‘, que se desenvolverá durante este ano xunto ao chef Pepe Solla co fin de fusionar ciencia e cociña. O obxectivo é concienciar aos cidadáns dos riscos habituais que afectan á seguridade alimentaria e darlles a coñecer prácticas seguras de manipulación de alimentos no ámbito doméstico.

De izquierda a derecha Solla, Ramillo y Martinez
De izquierda a derecha Solla, Ramillo y Martinez

O proxecto está liderado polo grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños do IIM de Vigo, co apoio da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia e o financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Colaboran, ademais, Concello de Vigo, Afundación e GADISA.

“Pretendemos divulgar para formar, e formar para previr enfermidades de transmisión alimentaria. A inocuidade dos alimentos pódese ver comprometida por distintos elementos de risco (por exemplo. fármacos, metais pesados, biotoxinas, virus, bacterias patóxenas…), sendo estas últimas o obxecto da nosa investigación. Facendo chegar á sociedade o noso coñecemento pretendemos contribuír á prevención de enfermidades de transmisión alimentaria (por exemplo a salmonelose, campilobacteriose, listeriose, gastroenterite por Staphylococcus aureus)”, explicou Graciela Ramillo, organizadora do programa.

Pepe Solla e Graciela Ramillo prepararán en vivo algúns dos pratos estrela do cociñeiro

“O obxectivo do proxecto, é por tanto concienciar aos cidadáns dos riscos habituais que afectan á seguridade alimentaria, poñendo á súa disposición diversos instrumentos que contribúan a dar a coñecer prácticas seguras de manipulación de alimentos no ámbito doméstico: compra, almacenamento, manipulación, cociñado e conservación”, destacou.

A principal acción do proxecto son showcookings científicos que terán lugar na sede de Afundación en Vigo o venres 11 de marzo e o venres 15 de abril de 18.00 a 20.00 horas, e un día por determinar no mes de outubro. Nos talleres Pepe Solla e Graciela Ramillo prepararán pratos estrela do cociñeiro, nos que se incidirá nos puntos críticos de cada un deles. O obxectivo non é mostrar a preparación de pratos como se fai habitualmente, senón servir como instrumento para adquirir novas aptitudes e coñecementos en seguridade alimentaria, integrando teoría e práctica dun xeito divertido.

Cada taller dará lugar a unha serie de audiovisuais que se difundirán en diferentes soportes: desde televisión ata páxinas webs e redes sociais institucionais, así como na propia web do proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.