Deseño conceptual do Stratofly. Fonte: Axencia Espacial Europea.
Deseño conceptual do Stratofly. Fonte: Axencia Espacial Europea.

O avión que viaxará a 6.000 km/h empeza a idearse na Coruña

O 26 de novembro de 2003 tivo lugar o último voo do Concorde, o célebre avión supersónico que podía cruzar o Atlántico en menos de tres horas. Foi o último avión supersónico comercial. Os problemas derivados do accidente dun aparello en 2001 e outras restriccións, como o elevado nivel de ruído que producían, enterraron durante anos este tipo de proxectos.

A nave superará os 5.000 km/h e podería chegar de Madrid a Australia en tres horas

Porén, nos últimos anos está tomando forza de novo a idea de impulsar unha aeronave que supere a velocidade do son. Neste senso, o proxecto Stratofly, ao abeiro do programa Horizon 2020, ten por obxectivo o deseño conceptual dun vehículo hipersónico (aquel que supera os 5000 km/h) que podería a chegar a acadar incluso 8 mach. Deste xeito, a nave podería chegar desde a Península ata Australia en apenas tres horas.

E un anaco deste proxecto está a desenvolverse na Coruña. O Grupo de Mecánica de Estruturas (GME) da Escola de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da UDC, que dirixe o catedrático Santiago Hernández Ibáñez, traballa no deseño e na optimización das estruturas da futura aeronave.

O avión no que traballa o proxecto Stratofly. Fonte: https://www.h2020-stratofly.eu/.
O avión no que traballa o proxecto Stratofly. Fonte: https://www.h2020-stratofly.eu/.

En declaracións ao portal Teknautas, o catedrático Hernández explica: “Queremos que o avión chegue en tres horas de Europa a Australia, pero tamén que sexa sostible económicamente, non contamine e poida viaxar pola estratosfera“. Porque está previsto que o avión voe máis alto que as actuais naves comerciais. Hernández explica que desde o equipo coruñés “somos os encargados de valorar todo esto e optimizar as estruturas que sexan factibles dentro dos requisitos que se piden á aeronave”.

Por todo isto, os enxeñeiros galegos terán que analizar os materiais que serán usados para construír o avión, tendo en conta o peso, a xeometría e outros factores.

 

 

Stratofly, no que tamén están involucrados equipos de investigación de Suecia, Alemania, Italia ou Alemania, ten por obxectivo reducir, por tanto, o tempo de duración das viaxes civís de longo percorrido. Para isto, por tanto, identificaranse novas traxectorias na estratosfera, ao tempo que se intentarán reducir o ruído e as emisións contaminantes á atmosfera. Outro dos puntos clave é a avaliación da sustentabilidade económica do proxecto, un dos principais obstáculos do proxecto.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.