Venres 19 Abril 2024

Novembro, mes da ciencia en galego

A ciencia en galego comeza mañá o seu mes. Novembro é o momento escollido polas institucións do país para celebrar un amplo programa de actividades, dirixidas este ano a recoñecer o papel as bibliotecas públicas como impulsoras da creación e divulgación científica na lingua propia de Galicia.

Así, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia presentou este luns o programa, nunha rolda de prensa que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago. Participaron os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, a subdirectora xeral de Bibliotecas, Cristina Rubal, e a catedrática de Matemática Aplicada da USC, Peregrina Quintela, a autora do texto conmemorativo deste ano.

Publicidade

Rubal, Quintela, Lorenzo e García, na presentación do Mes da Ciencia. Foto: Xunta.gal.
Rubal, Quintela, Lorenzo e García, na presentación do Mes da Ciencia. Foto: Xunta.gal.

Ao longo do mes haberá proxeccións audiovisuais, obradoiros de diversas temáticas para experimentar, espectáculos de maxia, contacontos, guías de lectura, mostras bibliográficas, documentais, exposicións, conferencias, un certame de microrrelatos matemáticos, repositorios con materiais relacionados coa ciencia en galego e proxectos de investigación. Estas actividades celebraranse en decenas de bibliotecas de toda Galicia.

 

En palabras do secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o obxectivo dos actos é divulgación social do coñecemento científico e da importancia da ciencia en todos os ámbitos da vida. Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingüística animou a todos os científicos e científicas, así como á comunidade educativa, a “faceren e a divulgaren ciencia na lingua propia de Galicia, e tamén a poñer en valor as figuras dos referentes galegos da ciencia”.

“Como cada ano, a Secretaría Xeral de Política Lingüística divulga desde o Portal da Lingua Galega, en www.lingua.gal, as mellores prácticas e recursos elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega para sumárense, desde o ensino, á conmemoración do Día da Ciencia en Galego”, explicou Valentín García.

As actividades das bibliotecas centrais territoriais, algunhas delas con inscrición previa, poden consultarse na Axenda de Cultura de Galicia, a través da web www.cultura.gal, que dispón tamén dunha app para descarga en dispositivos móbiles.

Para o desenvolvemento de boa parte da programación de actividade, a Xunta contou coa colaboración dalgunhas entidades de referencia no campo científico, como o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) ou o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago; ademais do apoio de institucións como a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:03:49

F de Fala: as palabras que nos sosteñen

'Veiga', 'laverca' e 'Rábade' son palabras que herdamos de linguas perromanas, xermanas e árabes e que hoxe forman parte do léxico galego

Unha campaña de doazón de voz recollerá as variedades fonéticas e dialectais de Galicia

O obxectivo é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas

As 10 palabras do Nadal en galego que debes saber

Existen moitas expresións para referirnos aos enfeites, as tradicións ou o tempo. Descúbreas e engádeas ao teu vocabulario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario