A proposta non é única, senón que distribúe os elementos en función de factores como a solubilidade en auga ou os depósitos xeolóxicos nos que se atopan os elementos. Fonte: Royal Society Publishing.
A proposta non é única, senón que distribúe os elementos en función de factores como a solubilidade en auga ou os depósitos xeolóxicos nos que se atopan os elementos. Fonte: Royal Society Publishing.

Esta é a nova proposta de distribución da táboa periódica

Dous matemáticos do Instituto Max Planck propoñen unha nova distribución alternativa dos elementos en función de diversas variables

A táboa periódica está sendo protagonista neste 2019. A conmemoración do seu Ano Internacional, coincidindo co 150º aniversario da publicación da primeira versión elaborada por Dimitri Mendeleiev, está dando sona a numerosas iniciativas arredor dela. E tamén a novas propostas científicas alternativas ao esquema que estudamos no ensino. Porque non é a única proposta válida para interpretar os elementos que compoñen todo o que coñecemos.

Un artigo que acaba de ser publicado en Proceedings of the Royal Society A, na súa sección de Física, Matemáticas e Ciencias da Enxeñaría, propón unha vía distinta para catalogar os elementos químicos. O traballo, asinado polos matemáticos Guillermo Restrepo e Wilmer Leal, do Instituto Max Planck de Leipzig, expón unha rede de hipergrafos complexos que abre a porta a interpretacións diversas da clasificación periódica, en función de como se ordenen os diferentes elementos.

Así, Restrepo e Leal inclúen como variables para organizar a táboa a solubilidade en auga de cada elemento, ou o tipo de depósitos xeolóxicos onde se atopan. Con todo, hai moitas opcións máis. En palabras de Guillermo Restrepo, pode compararse cunha escultura que proxecta unha sombra en función de onde veña a luz. “Este é o porqué de que haxa tantos camiños para crear estas táboas. Dalgún xeito, as táboas periódicas son proxeccións da súa propia estrutura interna”.

Condicións das diversas propostas

Tal e como explican os autores desta nova proposta, hai tres condicións requiridas para conformar unha táboa: necesita ser ordenada; que esta orde estea de acordo a unha propiedade particular (como o número atómico ou a masa atómica); e que estea agrupada segundo un determinado criterio (como por exemplo, a semellanza química). “Se se cumpren estas tres condicións, tamén se poden crear clasificacións para outros obxectos químicos, e mesmo fóra da disciplina”, explica Restrepo.

Entre estes exemplos, están os do sodio e o do litio: “Son semellantes porque se combinan cos mesmos elementos e nas mesmas proporcións (osíxeno, cloro, bromo ou iodo) e así atopamos patróns que podemos usar para clasificar os elementos”.

Deste xeito, a nova proposta, baseada en enlaces químicos, reorganiza dunha nova forma os elementos. Algúns seguen agrupándose xuntos, como os halóxenos, pero outros están separados, como o silicio e o carbono, xa que cando se enlazan con outros, forman compostos moi diversos.

A proposta dos matemáticos do Instituto Max Planck, que ocupa a portada da revista da Royal Society.
A proposta dos matemáticos do Instituto Max Planck, que ocupa a portada da revista da Royal Society.

Referencia: Formal structure of periodic system of elements (Publicado en Proceedings of the Royal Society A).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.