Sábado 20 Abril 2024

Unha doutoranda do CiQUS, premiada pola Real Sociedade Española de Química

A estudante de doutorado do CiQUS Noelia Casanova foi recoñecida este luns co premio de investigación Lilly, que outorgan a Real Sociedade Española de Química (RSEQ) e a empresa farmacéutica Lilly. Estes galardóns, que recoñecen a excelencia investigadora nas áreas de Química Orgánica, Farmacéutica e Analítica, recaeron en catro dos últimos cinco anos en científicos do CiQUS.

É o segundo recoñecemento para Noelia Casanova en menos dun ano, xa que en xuño de 2016 foi premiada co Predoc-MestreLab ao mellor artigo científico publicado por un estudante de doutorado durante o ano 2015 por parte da Plataforma Tecnolóxica de Química Sostible SusChem España. Desenvolve o seu labor na área da catálise, en activación de enlaces C-H con catalizadores de Rh (III) e Pd (II).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos

Un equipo con participación galega desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro

O composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai do tumor, diminuíndo o seu potencial canceríxeno

A USC desenvolve un novo método para a entrega directa de fármacos no interior celular

O novo nanotransportador é capaz de fusionarse coa membrana plasmática e liberar moléculas bioactivas no citosol