Daniel Llamas (esta é unha imaxe súa tomada no castro de Baroña) é un dos autores que participan no libro "Na procura da noite".

Daniel Llamas (esta é unha imaxe súa tomada no castro de Baroña) é un dos autores que participan no libro "Na procura da noite".

“Na procura da noite”, un alegato en forma de libro na defensa dos ceos limpos

A USC edita un libro con 94 imaxes tomadas polos autores galegos máis destacados no eido da astrofotografía

Un total de 94 imaxes que reflicten a beleza do ceo nocturno da man “dun grupo de soñadores que, sendo sensibles ao instinto ancestral de mirarmos cara ao ceo, se lanzaron á procura da noite a rescatar ese tesouro apagado polo malgasto de luz artificial”. Salvador Bará Viñas e Jorge Mira Pérez, profesores do Departamento de Física Aplicada da USC e coordinadores do libro Na procura da noite. Fotografando o ceo nocturno presentan así aos nove fotógrafos e fotógrafas que achegan o seu punto de vista nesta obra coral editada pola USC. 

Parte dos autores do libro, xunto coa vicerreitora Mar Lorenzo, o co coordinador da obra Jorge Mira e o director do Servizo de Publicacións da USC. Foto: RQ / USC.

Parte dos autores do libro, xunto coa vicerreitora Mar Lorenzo, o co coordinador da obra Jorge Mira e o director do Servizo de Publicacións da USC. Foto: RQ / USC.

Como se puxo de manifesto na presentación aos medios de comunicación celebrada na Reitoría da USC, o centenar de imaxes contidas no libro son “unha selección dos mellores fotógrafos do ceo nocturno de Galicia” e achega “a súa ollada particular para esta obra, que nos advirte que por riba das nosas cabezas hai unha beleza na que cómpre reparar”. Asinan as imaxes do libro Óscar Blanco, Ana García, Daniel Llamas, Daniel Lois, Alfredo Madrigal, Pablo M. Alemparte, Fernando Rey, Ángel R. Arós e Alba Rodríguez. 

En opinión de Jorge Mira esta é “a primeira obra na que se simboliza o labor dunha xeración única de fotógrafos e fotógrafas do ceo”, polo que considera a publicación do libro como “o símbolo do nacemento desta xeración” como colectivo. Un grupo de persoas aos que cualificou como un “prodixio tecnolóxico dotados dunha gran competencia técnica”. Inicialmente presentada en versión galega, o libro terá no futuro versións en castelán, inglés e portugués. 

En formato dixital, o libro presentouse no transcurso dunha rolda de prensa na que tamén participaron a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; o director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco Valdés; e Óscar Blanco en representación dos fotógrafos que presentan os seus traballo na obra. Blanco, en representación do cadro de co autores, reivindicou Na procura da noite como unha chamada de atención sobre o valor do ceo como paisaxe pola súa extraordinaria beleza e como un recordatorio de que formamos parte dun sistema composto por millóns de estrelas, nebulosas e astros.

Podes mercar o libro nesta ligazón.

Unha resposta a ““Na procura da noite”, un alegato en forma de libro na defensa dos ceos limpos”

  1. Las mejores fotos de Galicia nocturnas , las ha realizado Carlos F. Turienzo !!
    Está considerado como uno de los 50 fotógrafos mejores DEL MUNDO !!!
    Y ganador de muchos premios internacionales !!!

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.