Venres 19 Abril 2024

Morre o astrónomo galego José Luis Comellas, descubridor de 20 estrelas

Nado en Ferrol en 1929, formose na Universidade de Santiago, foi catedrático de Historia na Universidade de Sevilla e autor de libros de grande éxito

O historiador e astrónomo ferrolán José Luis Comellas faleceu este venres, 23 de abril, na súa casa de Sevilla aos 93 anos. Autor de máis de corenta libros de historia, astronomía e música, algunhas das súas obras están consideradas clásicos do estudo en numerosas universidades.

Hai dous anos, con 90 xa cumpridos, publicou “Cen obras musicais” e preparaba outro volume sobre grandes exploradores como Marco Polo. Ademais, a súa “Guía do Firmamento” está considerado un libro de cabeceira para varias xeracións de astrónomos.

Publicidade

Profesor emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Sevilla e doutor “honoris causa” pola Universidade arxentina de Mendoza, Comellas -nado en Ferrol en 1929- estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, onde obtivo o premio extraordinario fin de carreira.

Doutorouse en Historia pola Complutense de Madrid coa tese “Os primeiros pronunciamentos en España”, que lle valeu o Premio Nacional Menéndez Pelayo. En 1963 gañou a cátedra de Historia de España Moderna e Contemporánea da Universidade de Sevilla.

Aínda que viviu fóra de Galicia a meirande parte da súa vida, Comellas iniciou os estudos de bacharelato en 1940 no colexio Fundación Fernando Blanco, pasando en 1942 ao colexio Tirso de Molina de Ferrol. Posteriormente, estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, onde se licenciou en 1951.

Profesor emérito da Universidade de Sevilla, en 1967 publicou a súa ‘Historia de España moderna e contemporánea‘, un manual que alcanzou oito edicións. O centro da atención investigadora do autor é o século XIX, en especial cos seus estudos sobre a década moderada e Cánovas.

Da súa afección pola astronomía destaca o seu catálogo sobre estrelas dobres. Entre outras obras, publicou a primeira edición en español do Catálogo Messier. Comellas foi, ademais, descubridor de 20 novas estrelas dobres.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Buscan nun cemiterio de Narón unha das maiores fosas creadas polos golpistas en Galicia

O 26 de decembro de 1936 levouse a cabo unha das máis grandes execucións masivas das que hai constancia en terras galegas, na que foron asasinadas un total de 34 persoas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos