O achado de
O achado de "Moi lonxe" supera ao de "Lonxe", detectado en decembro de 2018. Fonte: Scott Sheppard.

Descobren “Moi lonxe” o obxecto do sistema solar máis afastado

O achado deste obxecto, a 140 unidades astronómicas da Terra, foi detectado polo mesmo científico que atopou "Lonxe" en decembro de 2018

O achado de “Lonxe”, un planeta anano que foi atopado en decembro de 2018 por científicos da Carnegie Institution for Science, e que era ata ese momento o obxecto máis afastado no sistema solar, acaba de verse superado. Science publicou a pasada semana o descubrimento de “Moi lonxe“, un novo obxecto que se sitúa a 140 unidades astronómicas (UA, a medida da distancia da Terra ao Sol, 150 millóns de quilómetros) e a unhas 3,5 veces a distancia da Terra a Plutón.

“Moi lonxe” foi descuberto tamén por Scott Sheppard, que atopara “Lonxe”, e que forma parte do equipo que está á procura do posible Planeta X, un corpo descoñecido pero que parece xerar traxectorias inusuais nalgúns corpos astronómicos alén de Neptuno, os chamados “obxectos trans-neptunianos”.

Science recolle con curiosidade a forma na que Sheppard atopou a “Moi lonxe”. Estaba previsto que realizara unha conferencia pública que tivo que ser adiada debido a unha tormenta de neve en Washington D.C., así que o investigador dedicou ese tempo a revisar as imaaxes do telescopio tomadas polo equipo no último mes. Foi entón cando detectou o obxecto a 140 UA, o que viña superar o seu mesmo achado de decembro de 2018.

O equipo de Sheppard leva máis dun decenio traballando de forma metódica explorando o ceo nocturno con algúns dos telescopios máis potentes para atopar este tipo de corpos. Adiantan que tardarán anos en determinar as órbitas de “Lonxe” e “Moi Lonxe”, o que achegará novas pistas sobre as influencias que reciben.

Descuberto ‘Lonxe’, o novo planeta no Sistema Solar

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.