Martes 16 Abril 2024

Mathex, un videoxogo para achegar a ciencia a todo o mundo

Investigadores do departamento de Matemáticas da USC, coa colaboración de profesorado de educación secundaria, está a desenvolver un videoxogo cuxo obxectivo é achegar a ciencia a todo tipo de público combinando estratexia e coñecementos. O equipo conseguiu o apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt) que financia o proxecto MatHex (FisiHex, BioHex, QuimiHex,…) xogo, estratexia e coñecementos.

A investigadora principal do proxecto, a profesora Elena Vázquez Abal, explica que cada materia científica terá o seu propio videoxogo específico aínda que o esqueleto desta primeira fase da iniciativa estará baseado nas matemáticas (MatHex). A dificultade será axustable a todas as idades, dende a infancia ata a Universidade ou para un público xeral.

Publicidade

Cada materia científica terá o seu videoxogo, pero o proxecto basearase en primeiro lugar nas matemáticas

A base do xogo será un taboleiro formado por hexágonos como no clásico xogo de mesa Hex, combinado con preguntas. Un dos seus puntos fortes é a tipoloxía destas cuestións, engade a profesora Vázquez Abal, xa que “combinan dunha forma amena e coloquial diversas temáticas”. No caso particular das matemáticas, versarán sobre xeometría, operacións, historia, arte, sentido común e unha porcentaxe dedicada a mulleres matemáticas. Ademais, cada pregunta leva consigo a súa explicación, que se mostrarán igualmente cunha linguaxe simple.

Completan o equipo do proxecto José Carlos Díaz Ramos e Víctor Sanmartín López, polo Departamento de Matemáticas da USC, e Esteban Calviño Louzao, profesor de educación secundaria. Os avances que experimente o proxecto poderanse consultar na súa web.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles

Coidar a saúde e o medio ambiente: dúas razóns para incluír pescado azul na nosa dieta

A nivel mundial, el consumo anual per cápita de peixe nos últimos 50 años case se duplicou, cun crecemento exponencial en países como China