Manuel Vicente é doutor en Química e dirixe e presenta Efervesciencia desde 2007. Foto: Fernando Pérez Tarrío.

Manuel Vicente é doutor en Química e dirixe e presenta Efervesciencia desde 2007. Foto: Fernando Pérez Tarrío.

Manuel Vicente gaña o III Premio Galicia de Xornalismo Científico

A Real Academia Galega de Ciencias e GAIN recoñeceron o traballo "Ondas gravitacionais que soan en galego" publicado no Diario Cultural

O comunicador e divulgador científico Manuel Vicente, director do programa Efervesciencia da Radio Galega, é o gañador do III Premio Galicia de Xornalismo Científico, que convocan a Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación (GAIN). O xurado recoñeceu a reportaxe “Ondas gravitacionais que soan en galego”, publicada o pasado 12 de marzo de 2018 no Diario Cultural da Radio Galega.

A reportaxe de Vicente aborda a participación de varios científicos e investigadores involucrados nun dos achados máis importantes dos últimos anos para a ciencia, como Juan Calderón Bustillo, Gabriela González, Jorge Pullin, José Edelstein ou Carlos Fernández Sánchez, e tamén unha conversa con Alvaro Valiño, ilustrador coruñés que deseñou a portada da revista Science na que se aborda este descubrimento.

Manuel Vicente García, doutor en Química pola USC (2004) e apostou pola divulgación cando rematou a súa tese. Tras cursar un posgrao sobre comunicación científica na universidade Pompeu Fabra, puxo en marcha o proxecto Efervesciencia. O seu traballo foi recoñecido co Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación (2º en 2008 e 1º en 2009), o Premio Ciencia en Acción (2009), e o Premio Prismas da Casa das Ciencias (2013).

Manuel Vicente sucede así a Manuel Rey, redactor de GCiencia que gañou a segunda edición do premio coa súa reportaxe “A ataxia SCA36, o mal da Costa da Morte“, e a Raúl Romar, xornalista de La Voz de Galicia que gañou a primeira edición coa reportaxe “Galicia recrutará a 1.000 pacientes no maior ensaio para tratar a artrose”.

Aquí podes escoitar a reportaxe gañadora do III Premio Galicia de Xornalismo Científico.

Listen to “”Ondas gravitacionais que soan en galego” [Diario Cultural]” on Spreaker.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.